blogue desol

30 de xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Este día, ademais de reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é a coruñesa Lolita Díaz Baliño (1905-1963), unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou aos convencionalismos da época.

Para saber un pouco mais sobre Lolita Díaz Baliño aquí tedes un vídeo producido por AGPI en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura.

 

Bibliotecas Escolares nesta data quere poñer en valor o traballo de ilustradores e ilustradoras que puxeron imaxe aos temas anuais desde o ano 2008 tal como se pode ver facendo clic no logo.

2ºP: TRABALLAMOS A PAZ

Esta semana traballamos a paz a través da lectura dun poema e das actividades adxuntas no pdf.

Tamén en clase escoitamos e ilustramos a cación "Las vocales de la paz" de Emoticantos

 

 

Feliz semana!

NOVIDADES (1º Tr. Curso 20-21)

Aquí tedes os libros que se incorporaron a nosa biblioteca durante o primeiro trimestre.

Nesta ocasión a inversión foi maioritariamente nos niveis iniciais para equilibrar fondos.

Nos niveis máis altos as compras centráronse, sobre todo, nos libros dos itinerarios lectores.

Agardamos que sigades lendo e desfrutando coa lectura. 

 

 

Boa lectura!!!

2021 Ano Internacional das Froitas e Hortalizas

Biblioforte quere desexar a toda a comunidade educativa un 

Ano Internacional das Froitas e Hortalizas, tema do noso proxecto. 

Moita Saúde e Moitas Lecturas.

 

UN NADAL MOI ESPECIAL

O Equipo da Biblioteca, xunto co resto de persoal do noso cole queremos desexar un moi

Bo Nadal!

E tamén queremos agradecer, coma sempre, o voluntariado do noso alumnado.

Alumnado que participou activamente nas moitas actividades organizadas polo centro e tamén nas propostas conxuntamente desde Dinamización Lingüística e Biblioteca: Concurso de Poesías e Tarxetas de Nadal.

Ademais, un grupo de alumnas voluntarias de 2ºA, len un dos libros incorporados recentemente a nosa biblioteca, libro que nos  amosa  outras maneiras  de demostrar que nos queremos.

(para escoitalo fai clic na imaxe)

Felices Festas!!!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS LEMOS LE - NADAL 2020

Aquí podedes ver as Recomendacións de Lectura para Nadal feitas en colaboración Colectivo Lemos Le.

 

 

BO NADAL E FELICES LECTURAS!

Poemas Navideños (selección)

Breve selección de Poesías de Navidad encontradas en Internet.

Distribuir contido