DIVER-CASA

Aquí tedes as cousiñas que comparten os vosos compañeiros/as e vós mesmos neste tempo de  "QUEDAR NA CASA"

 

 

Julia fixo hoxe unha bolboreta preciosa, e ensinaa encantada

 Moitas grazas Julia. Gústanos moito a túa bolboreta!!!!!

 

Iago Pérez mándanos un debuxo cunha mensaxe moi clara : QUÉDATE NA CASA!!!

Con todo o seu apoio e o da súa familia.  

  MOITAS GRAZAS FAMILIA!!!

 

E aquí tedes a camiseta tan chuli que fixo Paula e que nos di que xa a estreou. Fermosísima!!!!

   

 Moitas grazas Paula...

 Encántanos!!!!!!

 

 

Tamén temos o xogo de "tres en raia" feito con materiais de reciclaxe que nos mandan Marina e Ángel desde Bares.   

A XOGAR!!!!!!!!         MOITÍSIMAS GRAZAS

 

 

 

Andrés mándanos os seus EXPERIMENTOS... Pincha na foto e poderás velos

  MOITAS GRAZAS ANDRÉS!!!Guiño

 

Iker Gómez tamén nos manda a súa recomendación co seu debuxo e a súa porta pechada:

TODOS QUEDAMOS NA CASA!!! 

 

MOITAS GRAZAS IKER, SEGUIREMOS O TEU CONSELLO...

 

FELICIDADES PARA TODOS OS PAPIS!!!!!! 


Sara desexa moitas felicidades a todos os papis con esta apetitosa "tarta da avoa"...

¡Qué rica!!!

          Moitas grazas Sara...

 

 

Andrés tamén nos mandou como coida o seu pitiño e como xoga con el. 

 Canto medrou....

   Grazas Andrés!!!!  

     

 

 

Marina e Ángel ensinan como facer xabón... (Pincha na foto)

 Moitas grazas !!! 

 

 

Sara, desde a súa particular praia,  mándalles moitos bicos aos seus compis..

    

 

Mateo Murias deséxalles un feliz día a todos os papás con esta deliciosa tarta que, ademais, ten unha mensaxe: QUEDA NA CASA!!!!      

  Vémonos axiña!!

 

 

Ángel e Marina invítannos a bailar desde Bares... (pincha na imaxe)   XENIAL!!!!

   

GRAZAS, MARINA E ÁNGEL!!!!

 

 Julia pintou macarróns con témperas e fixo uns colares preciosos. Mirade que guapa está con eles... Moitas grazas Julia. Gústanos a túa ideaSorriso

 

Paula pasou a tarde pintando unha casiña para paxaros que lle trouxo Papá Nöel. Foi moi entretido!!! Agora só ten que esperar a que seque e, en canto poida, a vai colgar no seu campo nunha árbore froiteira                                       

                     

Que cousiñas máis fermosas fas, Paula.... Moitas grazas por ensinalas.      

 

Yago adicouse a facer un puzzle do mundo.           Mi madriña... cantas pezas!!!   

                   

 Eres un artista Yago!!!         E despois fixo uns estiramentos...   Hai que manterse en forma...

 

 

Paula axudou a moer o café. Parece que está duro!!! 

     Xenial!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

JULIA ESTÁ A FACER FIGURAS DE ARXILA PARA AGASALLAR Á SÚA FAMILIA E AOS SEUS AMIGOS CANDO REMATE ESTE TEMPO DE "QUEDAR NA CASA"

 

 

 

SERGIO E ZAIRA MÁNDANOS UNS DEBUXOS CHEOS DE ESPERANZA...

"QUEDATE NA CASA. TODO VAI SAÍR BEN"

 

GRAZAS SERGIO E ZAIRA!!

 

E LUCAS ADÍCALLES AOS SEUS COMPAÑEIROS/AS E A TODO O COLE TRES MAGNÍFICAS INTERPRETACIÓNS AO PIANO