Skip to Content

Guía de buenas prácticas en las Salidas

Proxecto Deportivo de Centro

Estimadas familias:

Este ano desenvolvemos un proxecto novo no centro baixo os plans Proxecta,  o Proxecto Deportivo de Centro (PDC). É  un proxecto integral de vida activa e saudable que formará parte nuclear da vida do colexio. Este ano desenvolvéronse xa actividades coma a Andaina solidaria, actividades deportivas no Samaín / Halloween, Brilé de Rosalía… Pouco a pouco irémosvos contando máis sobre o proxecto e esperamos contar coa vosa participación nesta nova aventura.

Tedes máis información do PDC e das actividades voluntarias que propoñemos nestes días en relación ao mesmo, na Aula Virtual.

 

                                                                         Unha aperta grande!!! (O Equipo de PDC).

Día do Libro

Estimadas familias:

Para conmemorar o día do Libro (23 de abril), animámosvos a colaborar nesta bonita iniciativa, "E ti, onde les?". Podedes mandar as vosas fotos ata o 30 de abril. (mirade no adxunto)

                                                                                                                       Un saúdo.

TERCEIRO TRIMESTRE

 

Estimadas familias:

 

  • Os membros do Claustro do CEIP Plurilingüe Lagostelle programaremos o terceiro trimestre, e farémosvos chegar as directrices de traballo, unha vez que recibamos as instruccións pertinentes por parte da Consellería de Educación.

 

  • Debemos agardar a que se reúnan (o mércores 15 de abril de 2020) o Ministerio de Educación coas distintas Comunidades Autónomas para poder así abordar este terceiro trimestre seguindo unhas directrices determindas, dada a situación que se está a vivir por mor desta pandemia.

 

  • Tomamos esta decisión ante a falta de instruccións por parte da Consellería e sabendo que todo o noso alumnado dispón de diversas tarefas na aula virtual para desenvolver ao longo destes días.

  

     Agardamos a vosa comprensión e que todos e todas vos atopedes ben. ÁNIMO!

                             

                                                  Un saúdo do Claustro do CEIP PLURILINGÜE LAGOSTELLE

Impresión de Material Escolar

Estimadas familias:

O Concello de Guitiriz iniciou un servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes, fichas, exercicios ou calquera tipo de documento que se necesite.

Consultade na páxina web do concello.

https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/servizo-de-impresi%C3%B3n-e-entrega-domicilio-de-deberes-escolares-e-exercicios-para-os-maiores

 

                                                                                                                                                   Un saúdo.

 

 

Educación Responsable

Estimadas familias:

Desde o Equipo de Educación Responsable, seguimos xerando actividades para este tempo na casa, como sabedes son adaptacións basadas en todos os recursos do programa e para traballas en familia, potenciando o desenrolo emocional, social e da creatividade neste tempo na que é tan necesario.

Podedes acceder a estas suxerencias na parte superior da Aula Virtual.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplagostelle/aulavirtual/course/view.php?id=11#section-2

 

 

 

                                                                                                                                                       Un saúdo.

VACACIÓNS SEMANA SANTA

Estimadas familias!

Comeza o período de vacacións de Semana Santa. Tal e como indica o calendario escolar abranguen dende o luns 6 de abril ata o luns 13, ámbolos dous inclusive.

Informaremos das novas actividades para despois de Semana Santa.

Aproveitade e gozade do tempo en familia.

 

Un saúdo e moito ánimo!

 

O Lagostelle co Autismo!

Día Mundial pola Concienciación sobre o AUTISMO, 2 de abril. (mirade adxuntos).

 

 

Abalar Móbil

Estimadas familias:

Indicámoslles que teñen a súa disposición o servizo de Abalar Móbil para consultar a partir do venres no seu dispositivo electrónico as cualificacións desta 2º Avaliación.

É un bo momento para que instaledes dita app aquelas familias que ainda non a tedes (app store/google play).

Aquí podedes consultar toda a información que precisades sobre dita aplicación.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/faq/abalarmobil

 

Tedes que descargala nalgún dos móbiles do pai/nai que figuran dentro dos datos do alumno/a no centro.

Pedimosvos que neste momento só usedes o Abalar para consultar as cualificacións. Se tedes algunha dúbida lembrade que podedes enviarlle un mail os mestres(aparecen os seus correos na A.Virtual).

                                                                                                                                          Un saúdo.

 

Novas

Os membros do Equipo docente do Ceip Plurilingüe Lagostelle estamos traballando para dar a mellor resposta posible ante a grave situación que se nos presenta.

Pregamos a vosa comprensión e que sexades pacientes.

Distribuir contido


by Dr. Radut