Skip to Content

Vídeos explicativos

Erros máis frecuentes no uso das máscaras:

https://youtu.be/8fuHSckuzoo

 

Recursos para familias:

https://www.paho.org/es/recursos-sobre-covid-19-para-padres-ninos

 

Como protexer ás nenas e nenos:

https://www.youtube.com/watch?v=-4xCBhZVRow#action=share

Video

Material de hixiene Necesario

Material de hixiene Necesario

Carteleria dos centros.

Cartelería que nos amosa Normas a levar a cabo no centro.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31790

 

 

Novas

Estimadas familias.

Desde o centro queremos agradecer a vosa paciencia, comprensión e mostras de apoio destes días.

Somos conscientes de que son momentos moi delicados para todas e todos.

Como ben vos dixemos nas anteriores notas, o profesorado está a traballar na confección dun Plan que se axuste ao Protocolo e que cumpra todas as medidas que se nos piden. Tedes que entender que non é nada doado e que son moitas medidas novas que temos que adaptar o espazo, o alumnado, os mestres, o material,... en moi pouco tempo e procurando nos esquecernos de ningunha.

O que máis nos houbese gustado e ter todo listo e configurado desde o día 1 e podérvolo explicar pero como sabedes cada pouco cambian as Instrucións o que nos obriga a modificar as nosas medidas.

Non nos parece correcto mostravos medidas que logo varíen e vos leven a engano ou a confusión. Entendemos perfectamente os problemas que isto ocasiona xa que moitos de nós temos os mesmos problemas nos nosos fogares.

Tedes que ser conscientes que haberá cambios; entradas, transporte, comedor,..... dependendo do que o novo Protocolo nos diga

Esperamos que o longo do día 7 saian as Instruccións definitivas e non modifique moito o que levamos feito para podérvolo mostrar o antes posible.

Grazas de novo pola vosa comprensión.

Unha aperta.

 

Nota para usuarios de comedor e transporte

Estimadas familias;

Os titores do curso pasado enviaronvos esta nota o mail ou o whatsapp. Pedimos a vosa colaboración para saber aproximadamente con canto alumnado imos contar neses servizos para organizalos cumplindo o Protocolo que publique a Xunta o vindeiro luns.

Grazas a todas e todos.

Comunicado para as Familias

Estimadas familias,

Agardamos que teñades disfrutado deste verán atípico en compaña dos vosos fillos e fillas, aos que estamos desexando ver de volta nas aulas.

Imaxinamos que teredes escoitado moitas novas sobre o inicio deste curso. Como sabedes, atopámonos nun momento de incertidume e de adaptación a unha situación totalmente nova e nós aínda non podemos, aínda que nos pese, darvos respostas concluíntes posto que os protocolos van cambiando en función da evolución da pandemia (espérase que o luns 7 haxa un novo protocolo).

O que si podemos é asegurarvos que o claustro e o persoal non docente do CEIP Plurilingüe Lagostelle estamos a traballar para garantir unha volta segura ás aulas, cumplindo todas as medidas de hixiene, limpeza, distancia e organización que se nos marcan desde a Consellería. En canto teñamos os Plans definitivos publicarémolos na web para que poidades lelos con calma e ir preparando aos nenos e nenas para os novos cambios.

Queremos transmitirvos tranquilidade e pedirvos colaboración e paciencia, que comprendades que é unha situación nova tamén para nós e que seguramente cometeremos erros e haxa que aprender deles buscando sempre o mellor para o noso alumnado, que é a nosa prioridade.

Pedímosvos que ante calquera dúbida vos poñades en contacto co centro. Ao longo desta semana iremos colgando novas e avisos na páxina web así que estade atentos e atentas.

Unha aperta para todos e todas.

 

 

XUBILACIÓN DOMINGO

 

Rematamos as vacacións, e antes de botar a andar o novo curso escolar, queremos adicarlle este día a Domingo, o noso director durante os últimos nove anos.

Dámoslle as GRAZAS por todo o que fixo tanto polo noso colexio como por todos os membros da Comunidade educativa: alumnado, familias, persoal docente e non docente,…

Desexamos que disfrute desta nova etapa xa que a ten ben merecida. Despois dunha vida adicada ao ensino non gozou  dun curso nada sinxelo por mor da pandemia que nos tocou vivir e da situación profesional á que se tivo que enfrentar, nos últimos meses do curso, como director do centro. GRAZAS Domingo!

O colexio Lagostelle, polo que tanto traballaches e loitaches, sempre será a túa casa. Non te esquezas de facernos algunha visita. Botarémoste de menos compañeiro!!!

 

 

 

Álbum: Curso 19/20 -> Xubilacion Domingo

LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Letras Galegas

Letras Galegas
Distribuir contido


by Dr. Radut