Skip to Content

Renovación Parcial do C. Escolar

2020-10-18 12:42
Atlantic/Cape Verde

De acordo coa resolución do 30 de setembro de 2020 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, infórmase sobre o proceso electoral para a renovación parcial das persoas que forman parte do Consello Escolar.
Dende a dirección do centro queremos animarvos a PRESENTAR AS VOSAS CANDIDATURAS, e por suposto, a votar (as prazas vacantes e as datas para cada fase do proceso serán  comunicadas pola XUNTA ELECTORAL). Este proceso iniciarase  coas seguintes actuacións:

*   21 de outubro de 2020 (no edificio administrativo ás 11:30 horas): SORTEO PÚBLICO para elixir integrantes e suplentes do órgano que regulará o proceso, é dicir, a XUNTA ELECTORAL: 1 mestre ou mestra, 1 nai ou pai e 1 PAS. Como é preceptivo, a XUNTA ELECTORAL estará presidida polo director do centro.

*   4 de novembro: constitución da XUNTA ELECTORAL que organizará e definirá o proceso, fixando a data para as votacións, tal e como está establecido na Resolución antes mencionada, entre o 23 e o 27 de novembro.

Unha vez constituída  recibiredes mais información.
                                                                                    Un saúdo.

Merendas Saudables

Merendas Saudables

Saídas de outubro a maio.

2020-09-30 14:15
Atlantic/Cape Verde

 

Estimadas familias:

A partir de mañá cambian os horarios de saída da tarde (outubro-maio).

O alumnado transportado montará no bus entre as 15.50 e as 16.00 h os luns e martes e entre as 15.45 e as 16.00 h o resto dos días.

Farase todo escalonadamente como ata agora.

O alumnado NON transportado sairá entre as 15.55 e as 16.05 h.

Un saúdo.

Uso das máscaras

Uso das máscaras

Presentación do Plan (en power point)

Enquisa de autoavaliación para as Familias

Modelo de Declaración Responsable

Estimadas familias:

Necesitamos que traiades firmado este modelo entre o xoves e o venres.

 

Grazas

Vídeos explicativos

Erros máis frecuentes no uso das máscaras:

https://youtu.be/8fuHSckuzoo

 

Recursos para familias:

https://www.paho.org/es/recursos-sobre-covid-19-para-padres-ninos

 

Como protexer ás nenas e nenos:

https://www.youtube.com/watch?v=-4xCBhZVRow#action=share

Distribuir contido


by Dr. Radut