Blogue

Blogue principal do CEIP José María Lage

DESDE O CEIP JOSE MARÍA LAGE DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL

 
No CEIP  Jose María Lage quixemos recibir o Nadal decorando diferentes aspectos do centro
e neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do resultado. Esperamos que sexa do voso agrado.
 

NADAL 2021

 

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria interpretou esta panxoliña para felicitar o nadal a toda a comunidade escolar.

 

Desde o centro educativo tamén queremos enviar unha forte aperta para os usuarios e traballadores da Residencia de Maiores de Ortigueira. Outro ano máis quedamos sen poder achegarnos para pasar un rato cos nosos maiores. Esperemos que pronto podamos recuperar esta tradición.

 

E sen máis, aquí tedes a estes artistas.

 

 

 

 

BO NADAL E FELIZ 2022

 

 

ORDE DO MECO PARA O XOVES

 

A orde do Meco para este xoves,e lembrade que son acumulativas. Aquí quedan, todas xuntas:

 

 

SE O RITMO DO MECO QUERES TER,

EN XIMNASTA HASTE CONVERTER.

 

O LUNS CÓMODO  QUERES VIR?

UNHAS MALLAS SI OU SI.

 

PARA O MARTES NON SUAR,

UNHA CINTA NA CABEZA TERÁS QUE AMARRAR.

 

O MÉRCORES FRÍO HA FACER,

UNS QUENTADORES VIRANCHE MOI BEN.

 

O XOVES UNS BAILES TOCARÁN,

POR TENIS DIFERENTES DEBES APOSTAR.

 

 

ORDE DO MECO PARA O MÉRCORES

 

E xa chegou a orde do Meco para mañá mércores.

 

 

 

O MÉRCORES FRÍO HA FACER,

UNS QUENTADORES VIRANCHE MOI BEN.

 

Lembrade que as consignas son acumulativas: mallas, cinta na cabeza e quentadores.

 

Vémonos mañá no cole!!!

 

 

 

ORDE DO MECO PARA O MARTES

Esta é a orde do Meco para mañá martes:

 

 

PARA O MARTES NON SUAR,

UNHA CINTA NA CABEZA TERÁS QUE AMARRAR.

 

 

Lembra, que as consignas son acumulativas, polo que haberá que vir con mallas e unha cinta na cabeza.

 

 

ORDE DO MECO PARA O LUNS

Pronto chegará o entroido e, como xa é costume, chega o Meco ao centro con propostas para disfrazarnos.

 

Como vedes, ven moi deportista, e repectando as normas, con máscara e desinfectándose con xel á entrada ao centro.

E o primeiro mandato do Meco, para este luns é:

SE O RITMO DO MECO QUERES TER,

EN XIMNASTA HASTE CONVERTER.

 

O LUNS CÓMODO QUERES VIR?

UNHAS MALLAS SI OU SI.

 

Pois agora xa sabes, a facerlle caso ao Meco.

 

 

DÍA DA PAZ 2021

Este ano, puxéronse na nosa contra a pandemia e o tempo atmosférico. Así que tocounos celebrar o Día da Paz desde as nosas aulas.

Atrás quedou a solta de pombas, cantar todos xuntos e compartir a experiencia entre todos.

Na cortiza do cole fixemos o noso "Muro da PAZ", e alí fumos poñendo todos os traballiños que fixemos;o alumnado de 6º de Primaria, como xa é tradicional, "pintou" no chan cos seus corpos a palabra PAZ  e preparamos a canción "Móvete", de Paco Nogueiras, para cantar todos en lingua de signos. E non podía faltar o noso "Manifesto da Paz" feito polos aiores do cole. 

 

Aquí tedes o video da canción.

 

 

 

 

Acceso ás fotos: Galería Día da Paz

 

 

 

 

 

PENSAMENTO COMPUTACIONAL SEN ORDENADOR

 

Neste trimestre que acaba de rematar, as nenas e nenos de 2º de Primaria tiveron unhas sesións de Pensamento Computacional e Intelixencia Artificial sen ordenador. Tratábase de realizar actividades "desconectadas". Entre outros aspectos, este tipo de actividades favorece o pensamento lóxico, a abstracción e descomposición ou a representación da información.

 

SESIÓN 1.- DIVIDE E VENCERÁS.

 Falamos sobre un montón de rutinas que facemos todos os días: lavar os dentes, almorzar, ir ao colexio. Sempre facemos estas actividades cunha secuancia ordenada de accións. Despois, entre todos enumeramos os pasos e a orde que seguimos para facer unha destas actividades: "Lavar os dentes". 

Unha vez feito esto, por grupos, intentamos "descompoñer" outra actividade: "Lavar as mans" e entre todos, comprobamos que, cando falta un paso ou o descolocamos , a actividade non chega ao seu fin.

 

 

 

 

 

SESIÓN 2.- PROGRAMANDO ROBOTS...HUMANOS

Nesta sesión, os nenos e nenas fixeron de programadores primeiro, e de robots despois. Na primeira parte, entre todos, crearon algoritmos para pintar casillas nunha plantilla cuadriculada. Despois, en grupos, tiveron que facer os algoritmos de un debuxo e os compañeiros executar ese algoritmo para comprobar se había erros.

 

 

 

 

SESIÓN 3.- BAILANDO EN BUCLE

Nesta sesión, bailando, aprendimos que moitos bailes seguen secuencias determinadas repetitivas. Aprendimos tamén a buscar patróns repetitivos e a usar "bucles" para facer secuencias máis curtas e máis manexables.

 

 

 

 

SESIÓN 4.- O MEU MANDO A DISTANCIA

Nesta última sesión de trimestre, os alumnos tiñan un mando para recitar na orde correcta unhas adiviñas, e os compañeiros deberían atopar a resposta.

 

 

 

  

Estas actividades gustaron tanto que, para o próximo trimestre continuaremos aprendendo e divertíndonos coa programación.

No seguinte enlace poderedes acceder a todas as fotos: Galería de imaxes

 

 

 

 

NADAL 2020

 

Este ano tocounos celebrar o Nadal doutro xeito, a seguridade de todos é o primeiro. Aquí vos presentamos un pequeno video sobre un traballo que realizamos nas aulas: decorar unha bola de nadal e pór un desexo común para o 2021.

 

 

 

Tamén montamos un photocall polo que pasou todo o centro. Clicando na imaxe poderedes acceder a tódalas fotos que fixemos.

 

 

Chegaron ao cole os axudantes de Papá Noel. Por mor do distanciamento social, non puideron entrar no cole, Pero todos os vimos a través dos muros do cole. E así, na distancia, tamén nos fixo moito ilusión.

 

Por último, fixemos uns videos cantando e bailando panxoliñas. É a nosa forma de desexar unhas boas festas aos nosos compañeiros e aos profes e ás nosas familias. E, como este ano non puidemos realizar a visita á Residencia de Maiores, desde aquí queremos manderlles a todos e todas unha gran aperta (Os videos están nas seguintes entradas do blog).

 

BO NADAL E FELIZ 2021

Distribuir contido