Dependencias
Instalacións do centro
O CEIP José María Lage é un centro que mestura o antigo co moderno. Un edificio grande e robusto onde antano estudaban máis de mil alumnos, domina unha gran finca adornada con fermosas árbores e dentro del, a máis moderna tecnoloxía educativa que favorece a aprendizaxe do noso alumnado.
O colexio:
- Doce aulas: catro de infantil e oito de primaria.
- Aula de informática
- Aula de música.
- Varias aulas de audiovisuais.
- Biblioteca.
- Laboratorio.
- Ximnasio.
- Aulas de inglés.
- Aulas para titorías.
- Despacho do departamento de orientación.
- Aula de audición e linguaxe.
- Aula de pedagoxía terapéutica.
- Conserxería.
- Secretaría.
- Dirección e xefatura de estudos.
- Cociña e comedor.
- Dúas aulas cedidas ao concello para o desenvolvemento do Plan madruga e de actividades extraescolares.
A finca:
- Un patio para educación infantil.
- Un patio para os alumnos de 1º e 2º de EP
- Un patio para alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º.
- Unha zona con invernadoiro e numerosas árbores.
- Un polideportivo.
Outros servizos:
- Unha cociña e un comedor con capacidade para máis de douscentos comensais.
- Transporte escolar.
Se queredes ver fotos das dependencias do centro facede clic na imaxe.