Novas

Admisión Alumando

INFORMACIÓN SECRETARÍA

 

Unha vez rematado o prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión para o curso académico 2023/2024, comunícase que non é necesario presentar documentación para a baremación, xa que todo o alumnado obtén praza no noso centro.


listaxe provisional sairá o 24 de abril e será publicada nos taboleiros interiores do centro. Tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou Chave 365.

 

Lembrar que a formalización de matrícula de 4º de Educación Infantil se fará o día 27 de xuño ás 11:00, tras a reunión coas titoras de Educación Infantil.

Revista Escolar Curso 22-23

 

 

 

 

     Ola a todos e todas! Aquí tedes o último número da Revista Escolar "A Nosa Voz".

     Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con motivo da Semana da Prensa elaboramos esta revista coas diferentes aportacións do alumnado do centro.

     Agradecemos a vosa participación!

 

      PREME NA IMAXE DA ESQUERDA PARA VER O CONTIDO.


 

Dígocho Eu - Olimpíadas Rurais

Xa está publicado o vídeoclip das Olimpíadas Rurais, que o artista Diego de Braelle, o noso veciño de Couzadouiro presentou ao Concurso Unha canción para Esther, do programa da TVG Dígocho Eu.

Foi unha xornada de xogos e probas que se fan nas Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, bailes e risas, onde fomos partícipes en primeira persoa do traballo audiovisual que se fai na televisión.

Aquí está o resultdado final! Agardamos que o desfrutedes!

 

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO


 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR FEBREIRO

 

O día 23 de febreiro con motivo da celebración do Día de Rosalía, unímonos á proposta da Fundación Rosalía de Castro e degustaremos o Caldo de Gloria, do que Rosalía falaba nun dos seus poemas.

Podedes ver toda a información na páxina web da Fundación Rosalía de Castro.

Reserva de Praza IES de Ortigueira

Dende o día 16 de xaneiro está aberto o prazo para a reserva de praza no IES de Ortigueira para o alumnado de 6º de Educación Primaria; por ser o IES adscrito que nos corresponde; aínda que despois a matrícula se realice noutro instituto (segundo o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022).

O alumnado de 6º de Educación Primaria levará unha copia impresa facilitada dende o centro educativo.

Todo o resto do alumando do centro, terá asegurada permanencia o próximo curso e non terán que facer reserva de praza, é só para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO

MANUAL DA APLICACIÓN PARA AS FAMILIAS

 

Ampliación de axudas para adquirir material escolar

No DOG do día 14 de outubro de 2022 publícase a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022, onde se establece que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

As familias poden recoller o vale de 25€ nos centros docentes a partir do martes 18 de outubro, en horario de Secretaría de 11:30 a 12:20 horas sen necesidade de pedir cita previa. O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

 

Atentamente

 

O Equipo Directivo.

INSTRUCIÓNS COMEDORES ESCOLARES 22/23

Publicadas as instrucións sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2022/2023

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o alumnado.

O modelo de Autodeclaración poderá ser presentado presencialmente ou  vía correo electrónico do centro educativo acompañado do volante de empadronamento no que figuren todos os membros da unidade familiar.

ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

INSTRUCIÓN 2/2022

 

Adxuntamos enlace da calculadora:

 

CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN

Distribuir contido