CURSO 2023-2024
Portada
CEIP JOSÉ MARÍA LAGE
Pedro Castiñeiras s/n
15330 ORTIGUEIRA
Correo electrónico: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Teléfono: 881 93 04 17
Listaxes Provisionais de Fondo Libros
Publicadas as listaxes provisionais de Fondo Libros e axudas de material escolar do curso 24-25
Publicadas a día de hoxe as listaxes provisionais de Fondo Libros e Axudas para Material Escolar, habiliataranse dous días para posibles reclamacións (3 e 4 de xullo) en horario de 11:00 a 13:00 horas.
- As listaxes do Fondo de Libros (3º e 4º) están no taboleiro de anuncios do Colexio, e poderedes consultalo a través da aplicación Fondo Libros coa Chave 365.
- As listaxes de Axudas de Material Escolar consultaranse persoalmente coa Secretaria do Centro.
As listaxes definitivas publicaranse o luns 8 de xullo.
A entrega de vales de libros e material realizaranse entre o luns 8 de xullo e o venres 12 de xullo en horario de 11:00 a 13:00.
A entrega será de xeito persoal ao solicitante/conxuxe, ou con autorización por escrito a outra persoa.
Aquelas familias que non puidesen vir neste horario que contacten co centro educativo (881 930 417).
Os vales que queden pendentes de entrega serán entregados en setembro.
Especialistas
O mestre especialista en Educación Física é:
- Jesús Flórez Linares (substituído por Sandra Martínez Blanco)
4º Nivel
O equipo de 4º nivel de Educación Primaria, no curso 2024-2025, está integrado por:
- María Aurora Vila Altesor. Titora de 3º A de Primaria.
- Antonia Fraguela Pérez. Titora de 4º B de Primaria (substitúe Julia García Quiza)
- Jesús Flórez Linares (mestre de Educación Física)
- María Belén Vizoso García (mestra de Inglés)
- Gloria Quintana Fernández (mestra de Música e Educación Plástica e Visual)
- Fernando Candelo Pardo (mestre de Relixión)
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 24-25
PRAZO DE PRESENTACIÓN:DO 21 DE MAIO ATA O 21 DE XUÑO DE 2024.
DESTINATARIOS:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado de 1º e 2º e alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
- Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado de Educación Primaria, tamén o de cursos EDIXGAL.
PRESENTACIÓN:
- Preferiblemente por Sede electrónica (con Certificado dixital ou Chave 365) clicando no seguinte enlace:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
- No centro educativo (no horario de secretaría de 11:25-12:20). No enlace anterior, poderase descargar o ANEXO I e II para realizar a solicitude de xeito presencial)
- Realizarase unha solicitude por cada fillo/a.
DOCUMENTACIÓN:
- Copia do libro de familia, ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
- Sentenza de separación/divorcio de ser o caso.
- Volante de convivencia
- Se fose o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
- No caso de violencia de xénero, acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.
- Toda aquela familia que non autorice a consulta por parte da administración deberá achegar os documentos xustificativos (DNI, renda...)
TERASE EN CONTA A SITUACIÓN PERSOAL, FAMILIAR E ECONÓMICA A 31 DE DECEMBRO DO 2022
ACCESO Á APLICACIÓN DE FONDO LIBROS DA XUNTA
DIA DAS LETRAS GALEGAS, 2024. HOMENAXEAMOS A LUÍSA VILLALTA!
Nesta presentación toda a comunidade educativa poderá visualizar todo o traballo realizado polo alumnado e profesorado do centro para conmemorar este 17 de maio, Día das Letras Galegas adicado á autora María Luísa Villalta.
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »