Portada

 

 

CEIP JOSÉ MARÍA LAGE

Pedro Castiñeiras s/n

15330 ORTIGUEIRA

entrada centro

  

Correo electrónico: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

 

Teléfono: 881 93 04 17

 

 

 

 

 

 

COLABORACIÓN DO CICLO DE MADEIRA DO IES DE ORTIGUEIRA CO COLEXIO

 

Este curso iniciamos a andaina da Comisión de Dinamización dos Patios. A comisión está composta por profesorado do centro, representantes de pais e nais do Consello Escolar e membros da ANPA Curuxeira.

A idea é ir pouco a pouco dotando aos patios de espazos de maior calidade así coma de materiais e recursos para diversificar as posibilidades de entretemento no tempo de lecer.

O xoves 25, grazas a colaboración do Ciclo de madeira do IES de Ortigueira, ampliamos a dotación no patio "dos maiores". Esa mañá achegáronse dous profes do ciclo, xunto a unha representación do alumnado e entregáronos un xogo de fichas de damas e outro para xogar ao tres en raia. Tamén asistiron á entrega varios membros da ANPA, representantes do alumnado do colexio e a directora do centro.

 

 

 

Queremos agradecer ao ciclo de madeira a súa boa disposición a axudarnos. Sempre dispostos a botar unha man.

Tamén agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira nesta actividade, así como en moitas outras que están en proxecto realizar.

 

 E o venres 26, na celebración dos Maios, estreamos o photocall feito tamén polo ciclo de madeira. Mirade que chulo quedou adornado con flores feitas no cole.

 

Seguro que lle daremos moito uso. Grazas a todos os mestres e alumnado que traballou neste proxecto.

 

 

Menú Comedor Escolar Maio

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O pasado venres, 21 de abril, organizamos unha carreira solidaria na que participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

 

Trátase da 8ª Carreira Solidaria A Volta ao Cole contra a leucemia infantil. Unha carreira na que todos gañamos.

 

No seguinte vídeo poderedes ver a todo o centro participando na carreira.

 

 

 
 
Desde o centro queremos dar as grazas a todos os que, dalgunha maneira, participaron nesta actividade. En especial queremos agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira na organización do evento.
 
E se queredes ver todas as fotos sacadas, podedes acceder á galería de fotos do cole clicando no segunte enlace
 
 
 
Ide preparándoos para o curso que ven, seguro que repetimos carreira. Porque como di o lema da carreira:
 
"XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES"
 
 
 
 
 

Admisión Alumando

INFORMACIÓN SECRETARÍA

 

Unha vez rematado o prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión para o curso académico 2023/2024, comunícase que non é necesario presentar documentación para a baremación, xa que todo o alumnado obtén praza no noso centro.


listaxe provisional sairá o 24 de abril e será publicada nos taboleiros interiores do centro. Tamén se poderá consultar a través da sede electrónica da Xunta con certificado dixital ou Chave 365.

 

Lembrar que a formalización de matrícula de 4º de Educación Infantil se fará o día 27 de xuño ás 11:00, tras a reunión coas titoras de Educación Infantil.

Revista Escolar Curso 22-23

 

 

 

 

     Ola a todos e todas! Aquí tedes o último número da Revista Escolar "A Nosa Voz".

     Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con motivo da Semana da Prensa elaboramos esta revista coas diferentes aportacións do alumnado do centro.

     Agradecemos a vosa participación!

 

      PREME NA IMAXE DA ESQUERDA PARA VER O CONTIDO.


 

Dígocho Eu - Olimpíadas Rurais

Xa está publicado o vídeoclip das Olimpíadas Rurais, que o artista Diego de Braelle, o noso veciño de Couzadouiro presentou ao Concurso Unha canción para Esther, do programa da TVG Dígocho Eu.

Foi unha xornada de xogos e probas que se fan nas Olimpíadas Rurais de Couzadoiro, bailes e risas, onde fomos partícipes en primeira persoa do traballo audiovisual que se fai na televisión.

Aquí está o resultdado final! Agardamos que o desfrutedes!

 

PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO VÍDEO


 

Rúa da Inclusión

O alumnado de 5º e 6º precisa da vosa colaboración para a racadación de firmas no seu proxecto.

Moitas rúas toman o seu nome de persoas ou colectivos importantes, sucesos históricos ou conceptos significativos; pero no noso país non hai ningunha rúa adicada á inclusión.

Cremos que a existencia desta rúa contribuirá á creación dunha sociedade máis inclusiva e invitará á reflexión de todos os pasen ou vivan nela. Será un xesto que permanecerá na nosa localidade e falará da nosa sensibilidadede cara tan importante asunto.

Tras falar co Alcalde da nosa vila, e que lles explicase como é o proceso de cambio de nome dunha rúa, están agora na recollida de firmas para adxuntar á instancia.

 

Se lles queres axudar, clica AQUÍ.

 

Distribuir contido