Complementarias
MAIOS 2020
Este ano non puidemos celebrar Os Maios na praza de Isabel II xunto coa Residencia de Maios, a escola infantil A Galiña Azul, a asociación ASPROMOR, o IES, a agrupación musical Escola de Gaitas de Ortigueira, e todos os veciños de Ortigueira.
Esta vez tocou celebralo desde a casa, pero celebración houbo.
Creatividade que non falte. Hai alfombras, coroas...para todos os gustos.
Clicando no seguinte enlace poderás acceder a todas as fotos que nos chegaron desde as casas. Galería de fotos
Moitas grazas a todos por participar.
Xornada de ornitoloxía
Enviado por Anónimo o Sáb, 2018-11-17 16:29O pasado 21 de outubro, e grazas á Asociación Nordés, as aulas de 5º e 6º de primaria realizaron unha saída para a observación de aves. A saída realizouse xunto co alumnado dos centros de Mañón e Vicedo.
A primeira observación que fixeron foi na ría de Ortigueira. Logo marcharon ata Morouzos, onde asistiron a unha explicación sobre o anelamento das aves.
Se queredes ver máis fotos, clicade aquí.
MENSAXE NUNHA BOTELLA 2017
Este curso decidimos participar nunha actividade chamada "Mensaje en una botella". Trátase dun evento a nivel nacional, cun obxectivo que nos pareceu moi importante: "involucrar á cidadanía na saúde dos océanos e na influencia destos sobre a sociedade".
O noso cole participaou cos seguintes retos:
Reciclaxe nas aulas: temos colectores de papel, plásticos e orgánico.
Creación das "Ecopatrullas" de limpeza nos patios.
Obra de teatro.
Un cuarto reto, que aínda está por realizar.
Se queredes ver fotos do proxecto, pinchade no seguinte enlace: Galería Fotos: Botella 17
Outras actividades
MÁIS ACTIVIDADES
Estes últimos días de curso están cheos de actividades.
Hoxe, mércores 14, visitaron o centro os mestres da Escola de Música de Ortigueira, cos seus alumnos da famosa Banda de Papel.
Mañá, xoves 15, ás 12:50h, todos os grupos de EP, coordinados pola mestra de Música, Gloria Quintana, bailarán nas pistas de baloncesto. Con esta danza a mestra quere poñer o punto e final ao seu proxecto relacionado co PDI da Biblioteca escolar "A Arte". Podes ver fotos aquí
O venres 16, se o tempo o permite, realizaremos os xogos populares de 12:00 h a 14:20 h, organizados polo Equipo de Normalización Lingüísitca, en coordinación cos mestres de Educación Física.
O luns 19, os nosos pequenos disfrutarán dunha sesión de karaoke proposto polo Equipo de Biblioteca e os seus colaboradores.
Actividades previstas
EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Este curso o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares está formado polas seguintes mestras:
- Ángela Maseda - Ed. Infantil
- Mª Sonia Castañeda- 1º Ciclo
- Mª José Gesto - 2º Ciclo
- Mª Belén Vizoso García - 3º Ciclo e coordinadora
Segundo o Decreto 374/1996 e a Orde 22 de xullo de 1997 considéranse actividades complementarias aquelas actividades didácticas que se realizan co alumnado en horario lectivo e que, formando parte da programación, teñen carácter diferenciado polo momento, espacio ou recursos que utilizan. Así, cabe considerar as visitas, traballos, viaxes, conmemoracións e outras semellantes.
Por outra banda, son actividades extraescolares aquelas que son organizadas polo centro e figuran na programación xeral anual, aprobadas polo consello escolar e que se realizan fóra do horario lectivo. A participación nestas actividades será voluntaria.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS COMÚNS PARA TODO O CENTRO.
1º trimestre:
- 30 de outubro; celebración do Magosto e o Samaín
- 11 de novembro; Día do Peón
- Do 16 ao 21 de decembro; O Nadal
2º trimestre:
- 30 de xaneiro; Día da Paz.
- 28 de febreiro ; O Entroido
3º trimestre:
- Xuño ; Exposición de Instrumentos feitos polo alumnado de 4º nivel, “O que sexa...soará”.
- 20 de xuño ; Saída a pé a Morouzos
CONMEMORACIÓNS
Ao longo do curso haberá outras conmemoracións obrigatorias, que se citan no calendario escolar editado pola Consellería. Poderanse traballar en torno a estes temas ben conxuntamente, por ciclos ou titorías. As conmemoracións son as seguintes:
1º trimestre:
- Día Internacional contra a Violencia de Xénero: 25 de novembro
- Conmemoración da Constitución e do Estado da autonomía de Galicia, do 1 ao 11 de decembro.
- Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos o 10 de decembro.
2º trimestre:
- Día da Paz o 30 de Xaneiro.
- Día Internacional da Muller Traballadora o 8 de marzo
- Día Mundial dos Dereitos do Consumidor o 15 de marzo
- Semana da Prensa do 11 ao 15 de marzo. Un día desta semana traballaráse na aula con diferentes xornais.
3º trimestre:
- Día do Libro do 12 ao 30 de abril.
- Día Mundial da Saúde o 7 de abril.
- Día de Europa o 9 de maio.
- Día Mundial do Ambiente o 5 de xuño.
OUTRAS ACTIVIDADES
- Participación en diversos concursos escolares (ONCE, Muralla de Lugo, SOGAMA...)
- Competicións deportivas.
- Saídas ao contorno.
- Posibilidade de asistencia a concertos didácticos na localidade
EXCURSIÓNS
