Curso 14 - 15

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2014-15

     
 

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA  14-15

 
 

 

 
  RECUPERAMOS TRADICIÓNS  
 

SAMAÍN

MAGOSTO

O APALPADOR 

 

ENTROIDO 2015

 
 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

OS MAIOS 

 
  CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS  
  

DÍA DA PAZ

DÍA ROSALÍA

DÍA DO LIBRO

LETRAS GALEGAS

  
   VISITA DE AUTORES
  

XELIS DE TORO

MANUEL O'RIVAS

A.GARCÍA TEIJEIRO

XACOBO FDEZ. SERRANO

  

XOSÉ VIZOSO

HEMATOCRÍTICO

 

XOÁN NEIRA

 


 

ANTÓN CORTIZAS

OUTRAS ACTIVIDADES DINAMIZADORAS
  

O ESPANTALLO

 

CONTO VIAXEIRO

MÉRCORES POÉTICOS

XOGOS POPULARES

  
 

"POESÍA E IMAXE"

 

POESÍA E IMAXE 6ºA

GAÑADOR POESÍA E IMAXE 

 

CONTACONTOS INFANTIL

 

IMOS AO TEATRO

 

CONCERTO DIDÁCTICO

 

TEATRO CON G

 
PUBLICACIÓNS E NOVAS
  

 

CALENDARIO PETO

 

MARCAPÁXINAS L.G.

Revista escolar MAREIRIÑA      
       
MEMORIA DO PROXECTO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 14 - 15
 Memoria do Proxecto de fomento do uso da lingua galega 14 - 15
       

DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 14 -15

         
  DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 14 -15
 

Premer na imaxe

 

 

 

 

 

 

 

 
     
  USO DA INTERNET

Navega con Rumbo

5º Primaria

 

Plan Director de Convivencia

5º Primaria

TABACO NON GRAZAS

Tabaco NON grazas!

5º Primaria

 
     
 

BICOS E APERTAS

Bicos e apertas

4º Primaria

CHARLAS SOBRE O RISCO DO USO DA INTERNET E DAS REDES SOCIAIS

Plan Director Convivencia

6º Primaria

Día da Paz 15

Todos

 
     
   PONTE NO MEU LUGAR

Ponte no meu lugar

6º Primaria

 

Alimentación saudable

E. Infantil

   
         
         

DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2015

             
     

     
             
     

Se nos invitaran a pensar nun mes especialmente relacionado coa lectura e cos libros, ben seguro que diríamos : ABRIL.

Porque ano tras ano, a historia do libro faise festiva cada 23 de abril, celebración que se remonta en España a 1926. E dende 1995, o día do libro convértese nunha FESTA MUNDIAL.

     
           
     

 A elección desta data débese a que un 23 de abril de 1616 faleceron dous eminentes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Queres saber algo das súas vidas en plan cómic?

     
       
     
     

 O obxectivo principal desta celebración das "LETRAS" é:  "alentar a descubrir o placer da lectura". -UNESCO-.

No noso colexio, tentamos de seguir o consello ao pé da letra. E así, durante todo o mes fixemos actividades tales como:

     
     

No "tempo de ler", o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron ler contos aos nenos e nenas de Infantil. Saíron con eles ao patio, buscaron un lugar xeitoso, e sentados en grupiños de dous ou tres nenos e nenas por lector ou lectora, contáronlles o conto elexido.

Os alumnos e alumnas de 4º utilizaron o teatrillo Kamisibai para ler o conto "O GATO SOL" para os compañeiros e compañeiras de 3º.

     
     

     

Clic na imaxe central para ver todas as fotos desta actividade.

     
             
     

 

Para non esquecer ao autor de tan recoñecida obra, propuxemos un sinxelo xogo de investigación sobre o Quixote.

     
     

          

Fai clic sobre as miniaturas se queres ler de novo de que trataba.

     
     

   

Non hai festa que se precie que non teña a súa música. Para esta, eleximos a canción "NUN LIBRO", da obra de Paco Nogueiras titulada "Brinca vai". Ler..., memorizar..., cantar...

     
     

   

Fai clic para ler. A música ... para o día 23!

     
     

  

A idea foi darlles unha imaxe relacionada co Quixote, e as nenas e nenos crearon arredor unha paisaxe relacionada coa obra de Cervantes. 

         

     
     

       Esforzo e imaxinación!!!     

     
       Con  todas fixemos murais e adornamos os corredores.      
                
     

  

No reloxo soaron as 13 horas. Saída ao patio armados cal "quixotes" con cuartilla, lapis e cores.

. Primeiro homenaxeamos ao LIBRO coa canción de Paco Nogueiras: "Nun libro".

 

  

. Seguidamente, distribuídos polo patio, escribiron e ilustraron un lema sobre a importancia da lectura. Con eles adornamos as paredes do patio: ver e ler!

 

   

E nesas andábamos cando nos deron as dúas da tarde.  

     
     

 PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO DÍA DO LIBRO

     
             

DÍA NACIONAL DA FIBROSIS QUÍSTICA

               
           
           
               
           
     

 

Hoxe, día 22 de abril é o día da FIBROSE QUÍSTICA.

Esta enfermidade, incluída nas chamadas enfermidades raras,

precisa un apoio especial dende a nosa páxina.

Queremos axudar a que aqueles nenas e nenos que a padecen

podan recibir esta herdanza xenética nas millores condicións.

 

Nos solidarizamos coas familias que están buscando os  tratamentos

 axeitados para os seus fillos e fillas.

 

Soplamos as nosas pompas de xabón,

como eles fan para mellorar a súa capacidade pulmonar.

 

 

Nós o facemos para visibilizar a enfermidade.

 

 
 
 
               

VISITA DE XOSÉ VIZOSO - ABRIL 2015

             
             
     

 

     
             
     

 O alumnado de 5º de Primaria recibirá próximamente a visita deste artista mindoniense, e que traballa dende hai 30 anos como deseñador do Grupo Sargadelos, onde contou co maxisterio de Isaac Díaz Pardo e a supervisión de Luís Seoane.

     
     

 Xosé Vizoso creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles. Unha mostra da súa arte e da súa tenrura cos nenos pode verse nas ilustracións do libro CANTOS DE SOL A SOL de X. Neira Vilas, e noutros do mesmo autor.

     
                    
     

 

Dentro dos seus traballos artísticos destacan os CARTEIS. Máis dun centenar de carteis para festas, feiras, congresos...

     
     

 

     
       "Non son carteis para ver dun saque e seguir, senón pezas artísticas para contemplar con lecer". -Neira Vilas-      
                                
     

 Xosé Vizoso di dos seus traballos: "Creo que o que máis me gusta é converter unha obra nun puzzle..., e facer que a xente teña que mirala con atención para entendela e descobrir cousas novas cada vez que a ve".

     
     

 

           

     
       Figuras deseñadas por Xosé Vizoso en conmemoración do 400 aniversario da publicación do Quixote, e interpretadas en cerámica de Sargadelos.      
           
     

22 de abril: fíxose realidade a visita tan esperada de Xosé Vizoso.

Chegou cargado de ideas e de materiais. Esperábano na biblioteca os nenos e nenas de 5º curso.

     
               
      E alí foron vendo como o lenzo foi perdendo a súa cor blanca para gañar as cores que xurdían das mans e maestría de Xosé Vizoso.      
               
      Pincelada a pincelada foi aparecendo o resultado final.      
                                
     

 

Antes de despedirse, intercambio de agasallos; galanos, como a el lle gusta dicir.

     
               
     

  por deixarnos gozar coa túa arte e por axudarnos a mirar con sensibilidade.

 

     
     

 CLIC NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS DESTA ACTIVIDADE

     
             
             

XV CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA DE POESÍA E IMAXE

             
           
             
       Para Alicia González Bedoya, Ainhoa López Cordero, Ariadna López Cortizo e Elena Yáñez de Pazos.      
             
       Estas alumnas de sexto resultaron gañadoras no XV Certame de Creación Artística de Poesía e Imaxe, en galego sen filtro, organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística en colaboración co concello de Ferrol. Participaron cunha composición plástica da poesía correspondente a lingua galega.      
     



Renxen os mastros!

No vento

que lixeiros,

os veleiros.

     
      Xulio L. Valcarce.       
       Velaí o fermoso resultado.      
             
      O vindeiro 29 de abril, as 19:30 horas, haberá un acto de entrega de premios no Centro Cultural Carvallo Calero.      
      Estades todos convidados!!!      
             

Letras Galegas 2015

     
      

  

      

ACTIVIDADES

 E. Infantil

 1º e 2º Primaria

 3º e 4º Primaria

 5º e 6º Primaria

 E. Primaria

BIOGRAFÍA

 Díptico

 Murais

 Actividades murais

 Carteis Primaria

 Marcapáxinas

     
ACTIVIDADES INTERACTIVAS

E. Infantil

1º e 2º Primaria

O Pomar (1º /2º Prim)

 3º e 4º Primaria

 5º e 6º Primaria

Pasapalabra

Pasatempos

Test

 
    
 

  

Coma todos os anos, no noso centro conmemoramos as Letras Galegas e este ano fixemos diferentes actividades nunha semana especialmente adicada ao fomento da nosa lingua e das nosas tradicións:

Premendo en cada unha das imaxes accédese ás distintas actividades: información, fotografías....

 
  

As familias co galego

Lecturas en galego das familias

Recuperando tradicións

Celebración dos maios

A lingua galega no patio

Os xogos populares

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

     

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO: MARCOPOLA

             
             
                
             
      Martes, 25 de marzo: Jacobo arribou á biblioteca do Isaac Peral con "MARCOPOLA, A ILLA REMEIRA", e os seus debuxos.      
     

 

 

Esperábano os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, que

durante o curso leron os cómics: "As orixes de Marcopola",

"Os piratas da lúa" e "Dragoneta".

     
       Jacobo estudou Belas Artes. Ilustrador, pintor e escritor; para el é todo o mesmo: "escribir e debuxar o que un inventa".      
                 
     

Explicounos que antes de debuxar sempre pensa nas historias e escribe o argumento.

Para crear un cómic necesita moitas horas de divertido traballo!

     
                  
     

Sorprendeunos o rápido que fai os debuxos e explicounos como é o proceso de crealos. O fundamental é ter a idea, a inspiración, e logo adicarlle moito tempo de traballo.

Os seus cómics acontecen no mar, pois os seus pais son de cidades onde o mar ten moita importancia. Vigo é a cidade onde el naceu.

     
       Premendo na imaxe pódense ler as primeiras páxinas de Marcopola.        
     

Conversación, preguntas, entrega de pequenos agasallos, libros asinados polo autor...

Jacobo espertou en todos o impulso de debuxar e inventar contos.

     
                
             
      , : "mariñeiro debuxante".      
      Esperamos o seguinte cómic, e que traias a túa illa novamente ao noso colexio .      
             
     

 CLIC NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS DESTE ENCONTRO CON JACOBO

     
             
             

 

 

GONZALO MOURE: ENCONTRO LITERARIO

             
             
     

     

     
             
     

 

O escritor GONZALO MOURE, no seu esforzo e empeño pola animación á lectura, visitou varias veces o noso colexio. Pero era a primeira vez para o alumnado de 5º curso, que recibiu a súa visita o día 10 de marzo.

     
     

O que sí sabían todos os alumnos e alumnas é o coñecemento e a dedicación de Gonzalo Moure polo Sahara. E así, el aproveitou para saludalos como faría un saharaui: "Que teñades un bo día de garavanzos e xasmíns", explicándolles o significado: "garavanzos para o corpo e xasmíns para a alma".

     
                                           
     

Con tan bo inicio, autor, nenas e nenos foon conversando sobre os libros que durante o curso foron pasando de man en man.

Aquí temos unha mostra deses títulos tan traídos e levados.

     
                                
     

 Durante este encontro literario fixéronlle moitas preguntas, pois moitos foron os libros e o interés que despertaron nos alumnos e alumnas. Gonzalo Moure deu respostas cheas de sensibilidade e poesía:

"No Sahara durmo baixo das estrelas".

"O Sahara complicoume  f e l i z m e n t e  a vida".

"O libro é o que crearon as palabras en ti".

"Todos nós somos artistas. Cada un debe descubrir o artista que leva dentro".

"Os nenos saharauis teñen poucas cousas, pero son felices, xogan. Un neno é feliz independientemente do medio no que estea".

     
                              
     


Ao final nenos e nenas fanlle entrega de detalles e debuxos. E Gonzalo Moure asinou os libros onde todos aprenderon sobre o Sahara, a liberdade, os animais..., e sobre todo: os sentimentos dos nenos.

     
           
     

   

PREMER NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS DESTA ACTIVIDADE

     
             
             
             

VISITA DE ANA ALONSO

             
             
     

            

     
             
     

 Cada vez que un autor ou autora se encontra con nenos e nenas no colexio, chega cun obxectivo principal:

     
     

 E así recibimos na biblioteca o luns, 9 de marzo, a ANA ALONSO, autora dos libros: Desafío lunar e As sete caras do señor Grunt, -da colección PIZCA DE SAL-, que leron este curso os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria.

     
     

 

             

     
     

 Ana contoulles como dende moi pequena sentiu paixón pola lectura e a escritura; e o seu afán por visitar  museos; canto lle gustaba inventar historias, e como pouco a pouco a súa ilusión por ser escritora se fixo  realidade. 

 

     
     

NENOS E AUTORA MANTIVERON UN DIÁLOGO SOBRE OS LIBROS TRABALLADOS NAS AULAS

  Desafío lunar: Lucas, personaxe principal, trata de ensinarnos que é moi importante persistir para conseguir o que nos propoñemos, que ás veces os erros serven para aprender, e o importante que é traballar en equipo.

  As sete caras do señor Grunt: explicoulle ao alumnado de 4º que cada estilo de pintura que figura no libro é unha forma diferente de ver o mundo. E que cada un de nós leva dentro todos eses personaxes: o señor Sono, o señor Manchas, o señor Música..., o señor Normal, -este é o que máis mostramos todos-.

     
              
             
     

 A escritora expresoulles o seu contento pola forma como traballaron o libro e polos debuxos representando a figura humana con distintos estilos pictóricos.

Na presentación pódese ver unha mostra dos debuxos feitos polos nenos e nenas.

     
     

 

 

     
     

 

Antes de despedirse, Ana Alonso firmou os libros de todos.

     
               
             
     

  por visitarnos e por poñer entre os libros a túa PIZCA DE SAL.

     
             
      Facer clic na imaxe para ver máis fotos deste acto         
             

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: ESCRITOR

 

         
             
         
   

 

Venres, 6 de marzo. O alumnado de 5º curso de Primaria participou nun encontro literario na biblioteca co escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO,que atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil.

Durante o trimestre, os alumnos leron, comentaron e ilustraron nas aulas poemas do libro "UN RATO DÍXOLLE Á LÚA": unha antoloxía poética, -a cargo de Fran Alonso-. Algo así como "a caixa dos tesouros de García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos".

 

   
   

 

   

Clic nas imaxes para poder ler

   
     O escritor empezou dicíndolles: "Tedes a sorte de ter vida literaria". E para continuar fíxolles unha proposta poética: el lería un poema e os nenos e nenas adiviñarían a última palabra de cada verso. Cen por cento de participación e acertos!    
   

 

       

 

   
   

 Continuou cos poemas "No río bailan os peixes" e "Non lle digas nada á lúa", arrincando  aplausos totalmente espontáneos. 

   
                   
    E mesmo quedaron pensativos e absortos ao recitarlles un poema do libro "Petando nas portas de Dylan".    
   

 

   

 

   
   

Nova proposta para o segundo exercicio: pensar na palabra que máis lle gustaba a cada un. Participación asegurada!!!

Foron saíndo: aloumiño, ledicia, auga, Galicia, agarimo...

"E seredes quen de acertar a que máis me gusta a min?",  -preguntou Antonio-.

De novo foilles arrincando unha palabra a cada un, e sen repetir!, -de falar se trataba-. Mais esta vez non o lograron. De entre todas as palabras a que máis lle gusta a Antonio García Teijeiro é:  .

Deixounos sen "palabras", e tivo que explicar: 

.

   
   

E como non hai dous sen tres, a terceira proposta consistíu en que un neno e unha nena fixeran un debuxo na pizarra.

   
   

Raudos e veloces alí apareceron un morcego e un libro.

   
   

   Fai clic para ler

   
   

Con esas palabras, e a creatividade de nenos e autor, déronlle forma a un poema.

   
     E chegou o turno de preguntas.    
   

O escritor saciou a súa curiosidade, e así enteráronse de que Antonio García Teijeiro é un gran amante da música; que cando empezou a escribir poesía notou que lle faltaba a lectura, as "palabras". As cancións de PACO IBÁÑEZ axudáronlle a iniciarse na poesía. E con emoción díxolles: "Gustaríame que alguén me quixese polo que escribo, igual que eu escribo para nenos porque lles quero".

 

   
         
       por querernos  e ensinarnos o valor da poesía.    
   

 

Para ver máis fotos deste acto, premer na imaxe.

   
         

UN EX-ALUMNO DO COLEXIO CAMPIÓN DE ESPAÑA

             
      TOMÁS MANSO UN ORGULLO PARA O ISAAC PERAL      
     

Tomás Manso Fraga, un antigo alumno deste colexio, quedou campión de España infantil de 200m mariposa e o segundo en 100m.

Dende este centro, no que cursou a Educación Infantil e a Educación Primaria, queremos facerlle chegar as nosas felicitacións e os nosos desexos de que continúen os seus merecidos éxitos, que constitúen tamén unha satisfacción para toda a comunidade educativa.

PARABÉNS CAMPIÓN!!!!!!!!!!!!

     
             
             
             
             

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2015

       
                 
     
   

 O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, o colexio, un ano máis conmemorou o seu aniversario.

Este ano ofrecémoslle "flores", que os nenos e nenas compuxeron con diferentes papeis(agasallos, charol, folios de cores, cartolinas, papel pinocho...). De entre todas as flores elixiuse unha por aula para expor na entrada do cole.

 
 

 Velaí que fermosas ficaron!

Coas demais "axardiñamos" os nosos corredores.

Flores para ROSALÍA - EU SON ROSALÍA PORQUE.... 

  

     
 

Ademais, cantamos "Adiós ríos, adíos fontes..." e ata houbo alguén que se atreveu a cantala a ritmo de rap. 

     

 Parabéns para Antón Pena Landeira de 6º B e as súas acompañantes!

    

 
 

   
   

Premendo nas flores accédese a todas as imaxes do acto

 

     

ENTROIDO 2015

 

             
 

      MANDADOS DO ENTROIDO      

 

 
 

  

Este ano no Entroido 

e unha boa ocasión 

de vestir chándal ou mallas

Espremer a imaxinación

 

Faremos un gran esforzo

Seremos moi ben mandados

que moitas, moitas das veces

 

o meco non o fai doado

 
   4º A  

 

LUNS

Para o deporte poder practicar

algún obxecto podes necesitar

raquetas ou pelotas

ou gafas de mergullar...

calquera destas cousas 

débeste colgar.

Ten coidado con traer 

cousiñas moi perigosas

que na porta Mili ou Pepín

hanse de quedar con todas

 
 

  

 

 

 MARTES

Neste día coas cores

dos aros das olimpiadas

pensaremos noutro mundo,

e como os aros,

estremos moi xuntos.

Azul o de Oceanía,

dos océanos e mares,

Negro o aro de África,

igual que a dos seus filliños,

América vermella,

os indios non son branquiños!

Europa verde dos bosques,

e Asia do sol nacente.

Cinco cores, ti escolles!

Con calquera deles nesta xornada

cumprirás coa entroidada!

 

 

 

 

  



 


 
         
 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

MÉRCORES

O mércores podes seguir

coa idea xa iniciada,

podes vir de deportista

e coa cara pintada

e unha mascota na man

que iso non custa nada.

Mais será de peluche

para evitar algazara.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

XOVES

Xoves día do equipo será

e o que o entroido che di: 

ti o farás

Un equipo formarás,

Equipo de corredores

Equipo de patinaxe,

Equipo de parchís

ou mesmo de natación,

pero ninguén debe

quedarse sen aportación.

Quedade a falar no recreo,

ou pola tardiña nas casas, 

hai que ter equipiño, 

aínda que sexa o das damas

haberá premio ao mellor,

un premio moi cariñoso,

o premio irá ao equipo

que sexa o mais numeroso

 

 

AQUÍ ESTÁN OS GRUPOS MÁIS NUMEROSOS !

MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN

 PREMER NAS IMAXES

PARA VELAS MAIS GRANDES

 

 


 

 

 

 

 

6º - SELECCIÓN ESPAÑOLA

 

 
 

PÓDESE ACCEDER A TODAS AS FOTOGRAFÍAS DOS MANDADOS PREMENDO NA IMAXE

 
         
     
 

               

 E así foi o noso

 

DÍA DO ENTROIDO:

Desfilamos acompañados pola nosa banda de música, comimos os produtos típicos do entroido (orellas, freixós...)

e

bailamos...., bailamos moito....  

               

Premendo nas imaxes pódense ver máis grandes.

 
         
         
    

ESTAS SON AS FOTOS DOS GRUPOS

 

    
         
   

NESTE VÍDEO PODEDES VER A CELEBRACIÓN DO NOSO ENTROIDO.

É un pouco longo pero é que foi un día moi intenso!

 

 
    Todas as imaxes do entroido están na nosa galería de fotos     
         
   

O alumnado de E. Infantil, como todos os anos, disfrutou coas súas piñatas cheas de lambetadas.

                           

   
         
 

E o remate final, como manda a tradición, foi a queima do Antroido.

Reunímonos todos os cursos no patio e Pepín prendeulle lume ao noso Antroido entre berros e aplausos.

Foi un estupendo fin de festa!!!

 Premendo na imaxe pódese acceder á galería para ver a totalidade das fotos da queima do Antroido. 

 

Agradecemos á ANPA a súa colaboración nestas actividades

   

NAVEGA CON RUMBO

                         
    NAVEGA CON RUMBO    
                         
           

A Internet é divertida e útil.

Estás seguro de que sabes navegar? .

                                                                        
                         
 

O Plan Navega con Rumbo

polo Ciberespazo 

traballou co alumnado

de 5º curso. 

         

Dentro do noso proxecto DIXGAL e como complento a súa formación, o alumnado de 5º de Primaria recibe información do uso correcto das novas tecnoloxías

       

Polo  uso

responsable

das tecnoloxías!

 
                         

DÍA DA PAZ 2015

         
         
     PAZ       2015
 
 
       
         
     TRABALLAMOS A PAZ NO DEPORTE E NO XOGO    
   

Xogando ao fútbol en parellas, entendimos que o máis importante é o respecto, a colaboración e divertirse xogando.

Ninguén quedou sen xogar!

              

                

Premer nas imaxes para velas máis grandes

   
   

Quen  pensou nos resultados, se se gaña ou perde.....?

Competimos doutro xeito: coidar ao compañeiro de xogo, porse de acordo para realizar unha tarefa, analizar, deducir, crear ideas, reflexionar....

Que conseguimos como grupo e como persoas cando xogamos deste xeito?

   
   

                          

O alumnado de Educación Infantil está participando nos xogos.

Houbo  que esperar uns días a que o sol permitira sair ao patio a facer esta actividade.

                          

 Premer nas imaxes para velas máis grandes

   
   

 

 

 

 

 

 

Ao final da xornada, compartimos canción no patio, 

intentando que os valores aprendidos pasen a

formar parte da nosa mochila.

FOI UNHA XORNADA MOI INTENSA E PRODUCTIVA!

 

 

Premer nas imaxes para velas máis grandes

   
   

Durante o mes de xaneiro fixemos debuxos, murais...traballando a nosa  intelixencia visual-espacial :

Gozar imaxinando ideas e debuxos é un dos obxectivos nas nosas aulas.

   
   

          

 

          

   
   

Os traballos realizados amosan cómo, utilizando temas de actualidade, noticias dos xornais...

apréndese a pensar nas nosas aulas desenvolvendo o espíritu crítico.

   
   

   
    Todas as imaxes na nosa galería de fotos     

CALENDARIO DE PETO 2015

               
           
     NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: CALENDARIO DE PETO      
           
      O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso de debuxo alusivo ao fomento do uso do galego. Participou todo o colexio e fíxose unha selección dos debuxos máis orixinais e creativos. Resultaron finalistas estes debuxos:         
     

              

  

       
     

ESTE FOI O GAÑADOR

       

VISITA DO ESCRITOR XELÍS DE TORO

       
                                                         
          
     
       
 

 

 

Xoves, 18 de decembro: o alumnado de 4º de primaria recibiu a visita de XELÍS DE TORO.

 

   
 

 

Xelís viaxou dende Londres, onde vive actualmente, para vir a falarnos dun dos seus libros, que as  nenas e nenos estiveron lendo no primeiro trimestre: .                    

   
 

     

   
   O autor foi debullando a historia deste gato a medida que o debuxaba como fixera Rolo, o rapaz protagonista, que suxestionado polos acontecementos de certo día, debuxa un gato que cobra vida e que só os demais poden ver. Tamén Xelís vai poñéndolle ou quitándolle unllas, cairos, estrelas...    
 

         

   
 

 Ao final da historia, un pequeno coloquio. Os nenos, con cousas de nenos: "por que un gato?". Contestoulles que "é un dos seus animais preferidos porque son agarimosos pero á vez moi autónomos, amantes da súa liberdade, gustosos de andar ceibes".

Xelís fíxolles preguntas para coñecer a súa impresión sobre a obra. Axudados polo autor, concluiron que é importante cultivar a amizade; cos amigos podemos resolver situacións que a un só lle resultarían difíciles; importante tamén ser sinceros e falar para aclarar dúbidas ou malentendidos. "Do poder da imaxinación, a necesidade de aceptación social, e mesmo a capacidade que teñen os soños para transformar o mundo..." Ben axudados, canta madurez!

 

   
   O escritor foi asinando todos os libros cun debuxo da cara dun gato.    
 

 

                         

             

   
         
 

DESPEDIUSE CANTÁNDONOS UN RAP...

   
 

   por vir dende tan lonxe para estar connosco, e porque nos axudache a entender mellor os valores atopados no teu libro.

             

   
       

MANUEL RIVAS: ENCONTRO LITERARIO

      

      

 

                
     
 

 

 Literatura, música e un pouco de teatro mesturáronse o martes, 15 de decembro, na biblioteca do colexio.

Ese día as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria tiveron a sorte de escoitar ao escritor e xornalista MANUEL O´RIVAS que veu contarlles

o seu libro "O raposo e a mestra".

 
 

 

Chegou acompañado dun músico que tocaba múltiples instrumentos: acordeón, serra en lata, percusión con zapatos..., e reproducían diferentes sons de animais e da natureza.Tamén interpretaron cancións populares en diferentes idiomas que aparecen no libro, tanto en galego como en inglés, francés e mesmo alemán.

  En palabras do autor: "O conto canta e as cantigas contan. Son cantares populares que permiten o encontro festeiro das diferentes linguas".

 

 
 

               

 

 
     
 

 

 Os nenos e nenas que leron e comentaron durante o trimestre O raposo e a mestra, coñecían a historia e as cancións, e así participaron activamente na representación.

 

 
 

                     

 

 
     
 

 Manuel Rivas explicounos que o nome do raposo, PINDO, era unha homenaxe que el facía ao monte Pindo, o Olimpo celta, no concello de Carnota. Contou que sentiu moita mágoa cando ardeu no verán de 2013.

 
 

 Con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano, Manuel O´Rivas ofrece en O raposo e a mestra, un conto fantástico de homenaxe á natureza, á relevancia de todas as linguas, á educación... "universos precisados sempre de atención e agarimo".

 
                      
 
 
     
  Facendo clic pódense ver máis fotos deste acto  
      
     
     

NADAL 2014

     
     
                   
   
   

  

Para descargar as fotografías de grupos premer na imaxe  

   
     
   

    AS  NOSAS  PANXOLIÑAS     

 
   

Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º dedicáronnos unhas panxoliñas ensaiadas durante varias semanas coa súa profe de música Marián

Aquí están os nosos pequenos artistas...

      

            LIBROS PARA NADAL      
           Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca      
           
           Premendo na imaxe  poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca       
                     
       

 

 GUÍA DE LECTURA NADAL 2014

 

       
         

 Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca

         
       
 


Premer para ver máis grande

     
                     
                     
      ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO
     
     

Todos os anos o noso alumnado elabora as postais de Nadal para felicitar ás familias. Aquí tedes unha pequena mostra os nosos traballos

     
     

 

 
        

 
       
             
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, este ano tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                   
      XA VEÑEN OS REIS....
   
     

E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas:

"A VISITA DOS REIS MAGOS"

Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques".

Disfrutade vendo as imaxes!

 Premendo na imaxe accédese ás fotos

 onde se poden descargar

   
                   
     

Estaremos de vacacións dende o luns 22 de decembro ata o mércores 7 de xaneiro ámbolos dous inclusive.

  As clases comezarán o XOVES 8 de xaneiro no horario habitual  

   
           
                               
     

       

   

APALPADOR 2014

     
     
                   
             
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     


O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo,
 ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Todos os 24 de decembro baixa das montañas para visitar aos nenos e nenas galegas. Cando están durmidos tócalles a barriga para ver se están fartos ou teñen fame. Se están fartos di: “así, así esteas todo o ano”- e déixalles unha presa de castañas. Se teñen fame non di nada, pero déixalle castañas igual. Pode deixar algún presente máis, pero sempre feito por el.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, este ano, o luns día 15 de decembro, tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

                 
                             
     

 

 

POESÍA NO ISAAC PERAL

     
 

                    

 
     
     
 

 Os mércores poéticos dan o seu froito. Unha experiencia inesquecible en 5º:

DESCUBRIMOS UN GRAN POETA

 
 

 Contactamos co autor da nosa poesía preferida "A brétema" de   

 
 

Enviámoslle as nosas opinións acerca do seu libro: "UN NIÑO NO XARDÍN", e vaia alegría!; correspondéunos e, de que maneira!. Enviounos:

   -un caligrama extraordinario,

   -un orixinal poema para a biblioteca, e       

   -un libro cunha fermosa dedicatoria.

 
 

Que mellor animación á lectura!   

 
 

Nesta breve presentación pódese ler o caligrama e o poema

 
 
 
     
 

O AUTOR FALA DE SI

  -Fai clic para saber o que di-

 
     

O ALUMNADO DE 2º VAI DE VISITA AO "BOSQUE VERDE"

     
  OS SEGUNDOS NO PARQUE FERROL!!!  
 

 

Ao aterrar no Bosque Verde do Parque Ferrol entramos nunha animada e divertida sala, onde esvaramos por un tobogán, que nos empurraba a unha grande alfombra ateigada de bólas de cores. Ademais xogamos ao fútbol, disfrazámonos de personaxes de conto e de heroes e conducimos impoñentes coches de carreiras. Ao final da visita repoñemos forzas cun doce refrixerio. Pero ahí non rematou todo, pois O Bosque Verde agasallounos cunhas lambetadas de Samaín, ás que nos foi moi difícil resistir á tentación de abrilas antes de chegar ao colexio.

 

Pero mellor mirade as imaxes

        

E moitas máis na nosa galería de fotos   

 
   
     

MOCHILAS VIAXEIRAS - 2014

 

     
             
     
 

 

 Chegado novembro, Peraliño invítanos a poñer en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS: "libros que van e veñen".

 
          
     
 

 As mochilas viaxeiras pretenden ser unha experiencia compartida de lectura en familia que emana da escola e entretece unha rede de ilusións entre a aula, o profesorado, o alumnado e, por suposto, as familias que a reciben na casa.

Son unha forma de provocar situacións de lectura na casa.

 
                                  
 

 CONTIDO

A mochila viaxeira leva materiais impresos e audiovisuais que viaxan de familia en familia, permanecendo unha semana en cada casa, para disfrute de todos.

Lévana cada xoves e deberán traela o mércores da semana seguinte.

Cada grupo familiar úsaa libremente da forma que máis lle guste.

 

 
   
 

 

 A selección de materiais das mochilas do noso centro, garda relación co proxecto da

biblioteca: "FERROLEANDO POLOS LENZOS"; coas obras literarias do noso padriño, o

escritor ANTÓN CORTIZAS; co tema proposto para as bibliotecas escolares neste curso:

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!, e con temas educativos de interés para as

familias.

 

 
                
     
 

 PARA QUE SERVEN?

 
    Promocionan a lectura, as bibliotecas escolares e públicas.  
   Motivan tanto aos nenos e nenas da clase coma as familias a compartir momentos de lectura,       comunicación e afecto.  
    Fan sentir a cada neno ou nena certo protagonismo dentro da actividade.    
    Crean situacións compartidas de expresión de opinións, sentimentos, emocións, lectura, visualización de vídeos, audición de cancións.  
    Axudan a que os máis pequenos se sintan responsables. O feito de ter ao seu cargo este material durante unha semana faraos comprender que son capaces de asumir unha responsabilidade.  
 

 

 

 
   MENTRES AGARDAS POLA MOCHILA...  
 

Fai clic e proba a ler POESÍA MATEMÁTICA

- Podes seleccionar algunha para os nosos "Mércores poéticos"-

 
   PREMENDO EN CADA IMAXE ATOPARÁS UN CONTO INTERACTIVO  
             
     

EXCURSIÓN DE 6º Á CAPELA

   
UN DÍA MOI INTERESANTE: APRENDIMOS, XOGAMOS...PASÁMOLO MOI BEN!  

O 17 de outubro os alumnos de sexto fomos de visita ao Museo Etnográfico da Capela e ao CEIP Mosteiro de Caaveiro onde a través dunha viaxe no tempo, comprobamos como vivían os nosos antepasados:

Como eran as casas no rural, toda sorte de aparellos e utensilios que se empregaban na vida diaria, e mesmo oficios propios de épocas pasadas, algúns case desaparecidos na actualidade. Comprobamos que se podía vivir ou sobrevivir, fabricando case todo nas propias casas ou recurrindo a persoas que desempeñaban eses oficios, tamén nas propias casas.

A continuación fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro, nas Neves, para celebrar un pequeno encontro cos alumnos de 6º deste centro e realizar unha xornada de xogos populares e tradicionais.

Alternamos, en grupos de oito, unha serie de xogos: andamos cos zancos, fixemos carreiras cos sacos, baliamos buxainas, saltamos ás lombas, xogamos á Porca, que ven sendo como unha variante do "hockey" e saímos un pouco enlamados..

           

Foi unha experiencia moi gratificante (algúns xa participaramos no VIII encontro de Xogos Populares, organizado por Brinquedia en Xermade) e ademais de pasalo ben vivimos en nós mesmos os xogos aos que os nosos pais, e sobre todo os nosos avós, xogaban na súa infancia.

Mais imaxes na nosa galería de fotos   

 
   

O CONTO VIAXEIRO

         
    O NOSO ALUMNADO DE 6º PARTICIPA, XUNTO CON OUTROS CENTROS, NA ELABORACIÓN DUN CONTO VIAXEIRO    
   

A actividade, que forma parte do programa de actividades de dinamización lingüística do Concello de Ferrol, consiste en realizar un conto ilustrado de forma colectiva ao longo de varias sesións, un conto que conteña texto e mais debuxos, realizado entre varios grupos de maneira de que a cada un deles lle corresponde traballar durante unha sesión de hora e media, na que terá que encargarse de elaborar a parte do conto que lle toque. Terá que facelo desenvolvendo o traballo que lle entregan os grupos que participaron anteriormente, elixindo unha ilustración entre as que lles entrega o grupo anterior e continuando o conto.

O conto iniciouse o 15 de outubro no CEIP Recimil e durante máis de dous meses irá "viaxando" polo cole de Esteiro, Isaac Peral, Cruceiro de Canido e Terra de Ferrol, facendo os nosos nenos e nenas a súa pequena aportación a este gran proxecto.

Pero...queredes saber como vai a historia? 

 

Premede aquí  

 No noso centro participou o alumnado de 6º

       

O CONTO VIAXEIRO CHEGA AO SEU FIN

 

Esperamos que sigades connosco o devir desta apaixoante andanza creativa, da que o máximo responsable foi o alumnado dos coles de Recimil, Esteiro, Isaac Peral, Cruceiro de Canido e Terra de Ferrol. 

Mais imaxes na nosa galería  ou no blog do conto viaxeiro

 

  Premer para ver a nova no xornal dixital

   
         

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA

     
     
 
 
 
     
 

 

 Cada 24 de outubro, a biblioteca abre as súas portas, e agárdanos cos  seus andeles cheos de libros.

Ai, libriños! Xusto cando as andoriñas nos deixan sen os seus chíos estivais, chegades vós: coas vosas intrigantes historias, susurrando poemas, bisbiseando segredos...

 

 
     
 

 

 Dende 1997, cada 24 de outubro, é o teu día: DÍA DA BIBLIOTECA. Así, con maiúsculas,pois tanta cultura albergas.

A proposta xurde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoida polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no 1992 durante o conflicto balcánico.

 

 
     
 

 

O ilustador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña:

 

"Biblioteca escolar ... matemático!!!

 

 E velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado.

 
     
     
  Toda a semana fixemos actividades que nos foron achegando ao día da inauguración:  
  Decoramos murais para ir creando ambiente e animar á lectura.   
 

 

     

 
     
    Lemos o conto: "A pintora Li-Chen". Seguimos "FERROLEANDO POLOS LENZOS".     
     
 

  MÉRCORES POÉTICOS: cada mércores na "hora de ler", lemos poesía. Un poema

diferente para cada ciclo. Pero esta semana en tódalas aulas tocou ler o poema

do "VERME SOTOMAYOR".

 

 
     
 

  Vimos en vídeo: "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore".

Fai clic se o queres ver de novo.

 

 
     
 

 Chegado o venres, todos e todas á biblioteca.

A primeira sorpresa foi ver alí, para animar e participar con nós, ao padriño da biblioteca: ANTÓN CORTIZAS.

Empezou o acto de inauguración cunha presentación de BELEZAS DE FERROL. Canta arte nesta cidade, a pouco que abramos os ollos!

 
     
 

Un grupiño de nenas e nenos cantaron "O LIBRO", de Tic-Tac, que di cousas que parecen sabios consellos:

"Un libro está/ sempre comigo/ e así pode ser/ o meu amigo".

"Hai que ter un libro/ a carón da cama/ para poder ler/ toda a semana".

 
 

 

           

 

 
     Representación do conto: "O verme Sotomayor".  
 

 

            

 

 
 

 Como colofón o "Blues do Isaac Peral". Letra e música de Fernando, que puxo orde entonando cos nenos, e acompañando coa armónica.

 
 

 

           

 

 
  De recordo e agasallo, un marcapáxinas moi especial: con ilustración do profesor Fernando, e texto do noso padriño: o escritor Antón Cortizas.  
     
 

ESTA PRESENTACIÓN GARDA UN RESUMO DA NOSA CELEBRACIÓN

 
     
 

 PREMENDO NA IMAXE, PÓDENSE VER AS FOTOS DESTE ACTO

    

 
     
     

PROGRAMA CULTURAL "O CADRO DO ESPANTALLO"

     
  O CADRO DO ESPANTALLO     
     
 

 O martes, 21 de outubro, os nenos e nenas de 1º de Primaria participaron no proxecto "O CADRO DO ESPANTALLO".

Esta actividade fíxoa posible Fina, da asociación "TI E MÁIS EU TEATRO", que "colabora na promación de actos que signifiquen progreso e benestar para as persoas e o seu entorno". Un dos seus obxectivos é dar a coñecer e recuperar as tradicións e costumes dos nosos avós.

  
     
 

 

             

 
 

 Todos se sorprenderon cando viron chegar a Fina cargada coa súa cesta chea de ourizos, bagullos de fabas, millo...

            

Foilles contando e recreando o magosto, a esfolla; falándolles de tradicións,  de historias, de contos dos nosos avós.

 
                             
   Tamén lles puxo deberes: "Ao chegar á casa falade cos vosos maiores e que vos conten historias de espantallos, de recolleita das castañas, do millo... Porque os avós e avoas son moi sabios". Canta razón!  
            
     

 

 Ao remate, Fina foille dando a cada un varios grans de millo para plantar no xardín ou nunha maceta.

Todo un símbolo de vida! Prenderán seguro. Como prenderon as explicacións de Fina no maxín do noso alumnado.

 
                     
   
 

 Premendo na imaxe pódense ver os nenos e nenas participando na actividade

        

 
     
     

PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL

       
 

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN AO PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS E-DIXGAL

   
 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou o 22/04/2014 unha Resolución pola que se convocaba a selección de centros para participar no proxecto experimental "Educación dixital" durante o curso 14-15.

Esta convocatoria vai dirixida aos centros Abalar e, os colexios seleccionados disporán de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o currículo de 5º de Primaria no curso 14-15, ampliándose a outros cursos nos anos seguintes. A selección dos centros para participar neste proxecto implica, pola súa gratuidade, a exclusión expresa como beneficiario do alumnado de 5º de EP das axudas para adquisición de libros de texto xa que o alumnado non terá que mercar os libros de texto impresos.

O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS este curso en 5º de Primaria, ampliándose no curso seguinte a 6º de Primaria.

O alumnado disporá dos seus libros en formato dixital.

O centro poñerá a disposición das familias, en préstamo, os ordenadores do alumnado (netbook) que poderán levar para as súas casas para poder acceder aos libros dixitais.

   
       

Powered by Drupal - Design by artinet