Skip to Content

CABECEIRA

Día do Libro

23 ABRIL 2019, DÍA DO LIBRO

23 ABRIL 2019, PROTAGONISTAS DO DÍA DO LIBRO 2019 NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

Antonio García Teijeiro

Ana María Fernández

Fran Alonso

Gloria Fuertes

SEMPRE A POESÍA!!!

SIEMPRE POESÍA!!!

DÍA DO LIBRO 2019

Máis imaxes da exposición realizada polo alumnado do centro para conmemorar o Día do Libro 2019:

23 ABRIL 2019: DÍA DO LIBRO

23 de Abril DÍA DO LIBRO 2019

Para conmemorar esta data tan importante, e seguindo co proxecto BiblioPoemando, no que levamos traballando xa dous cursos, elaboramos unha exposición en torno á figura poética de 4 poetas importantes na nosa literatura:

Antonio García Teijeiro

Ana María Fernández

Fran Alonso

Gloria Fuertes

SAIDA BIBLIOTECA REGO DA BALSA

ESTAMOS A PIQUES DE CHEGAR AO 24 DE OUTUBRO, DÍA  DAS BIBLIOTECAS , E DENDE O CEIP GÁNDARA-SOFÁN XA COMEZAMOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO CONCELLO PARA A SÚA CELEBRACIÓN. O PASADO MARTES 9 DE OUTUBRO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ACUDIMOS A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS COA RATIÑA LILI! E DISFRUTAMOS MOITO COAS SÚAS HISTORIAS!.

 

SEMANA DO LIBRO

O alumnado de 1º e 2º visitamos o Pazo da Cultura para celebra a semana do libro. Este ano levaba por título "O mundo que queremos". Visitamos a exposición dos traballos feitos polos nenos e nenas do concello de Carballo e asistimos a unha función de teatro moi divertida!!!

 

LEGUCHEF en 4º de EDUCACIÓN INFANTIL

Na clase de 3 anos tamén estivemos practicando un pouco de cociña dentro do proxecto "Biblioverde" da biblioteca do cole.


Decidimos facer "Chícharos con xamón" e explicarlle a receita, pouquiño a pouco e entre todos/as, aos nosos compañeiros/as do cole.



 

CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO

NESTE CURSO, ESTAMOS DESENVOLVENDO UN PROXECTO MOI INTERESANTE QUE PARTE DO EQUIPO DE BIBLIOTECA E QUE TEN COMO EIXO FUNDAMENTAL O FEITO DE QUE ESTE ANO 2016, É "O ANO INTERNACIONAL DAS LEGUMES".


POLO QUE NO COLEXIO, DECIDIMOS CELEBRAR O DÍA DO LIBRO TENDO EN CONTA ESTE DATO.


COMEZAMOS FACENDO UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS E CONTOS QUE TRABALLEN O TEMA DOS VEXETAIS, DA HORTA, DO COIDADO DO CAMPO... E NA QUE A MAIORÍA DOS ALUMNOS/AS COLABORARON FACENDO RIMAS E PEQUENOS POEMAS CO TEMA CENTRAL DAS LEGUMES. FOI MOI DIVERTIDO E SAÍRON COMPOSICIÓNS VERDADEIRAMENTE CHAMATIVAS!!

SEMANA DO LIBRO. EXPOSICIÓN "CANTA BICHERÍA".

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA SEMANA DO LIBRO EN CARBALLO, O NOSO CENTRO COLABOROU CUN TRABALLO MOI ESPECIAL.


A EXPOSICIÓN QUE SE PUIDO VER NO PAZO DA CULTURA DE CARBALLO, TITULÁBASE "CANTA BICHERÍA" E NÓS DECIDIMOS BASEARNOS NA OBRA DE MANUEL MARÍA "OS SOÑOS NA GAIOLA" PARA PREPARAR A NOSA APORTACIÓN.


O QUE FIXEMOS FOI IMAXINAR CAL SERÍA O ANIMAL IMAXINARIO QUE NOS GUSTARÍA QUE EXISTISE NA REALIDADE OU NOS CONTOS E DESPOIS DE FACER UNHA FICHA SOBRE DITO ANIMAL; TAMÉN O FIXEMOS REALIDADE AXUDADOS DE PLASTILINA OU BARRO.


MIRADE O BEN QUE QUEDOU A EXPOSICIÓN DO C.EI.P. GÁNDARA-SOFÁN:

CONTACONTOS NO GÁNDARA-SOFÁN

PARA IRNOS AMBIENTANDO NA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, RECIBIMOS NO CENTRO A VISITA DE DOUS CONTACONTOS BEN DIVERTIDOS!!!


O PRIMEIRO DELES, DIRIXIDO AO ALUMANDO DE 6º DE E.I. E 1º E 2º DE E.P. TITULÁBASE "FELIZ FEROZ" E ENCANTOULLES!!!


 

DA CIENCIA Á FICCIÓN (EXPOSICIÓN E TEATRO)

Dende o concello de Carballo, solicitóusenos aos centros educativos que colaborasemos na exposición anual que se fai no Pazo da Cultura con motivo da celebración da Semana do Libro.

A exposición titúlase "Da ciencia á ficción" e nós levamos un mural coas mulleres científicas sobre as que estivemos traballando e diferentes experimentos para que os visitantes os poidan ver e manipular.

O mural que preside a zona ocupada polo Gándara-Sofán é este. Así o fomos facendo pouco a pouco no cole:

Distribuir contido


by Dr. Radut