Recursos didácticos

A ÁRBORE DE PATANJALI (II)

Pantajali segue agasallándonos coas súas visitas e deixándonos novas ensinanzas.

Na súa terceira visita estaba nas ramas (que fan referencia as asanas), e ensinounos a importancia de coidar o noso corpo a través do movemento. Polo que traballamos as asanas (posturas) a través do conto "O moucho e a bolboreta". Aquí vemos algúns nenos facendo a postura da mariposa debaixo da árbore de Pantajali.

 

Na cuarta visita apareceu nas follas da árbore (as cales fan referencia ao pranayama, a respiración) e grazas a ela aprendimos a importancia de relaxarnos mediante a respiración. Traballamos o pranayamos inspirando e expirando ao mesmo tempo que facíamos rodar unha boliña de platilina na imaxe de Pantajali (unha serpe) e faciamos o son da "S" de serpe /s/.

 

DEREITOS DA INFANCIA (4 ANOS)

O 20 de novembro é o día dos Dereitos dos nenos/as, para coñecelos fíxemos un divertido photocall!

Ademáis cada equipo encargouse dun dereito (dereito a saúde, dereito a unha vivenda digna, dereito a alimentación...) e decorou unha imaxe alusiva ao mesmo.

 

Despois, algunhas as colgamos no panel de Educación  Infantil, xunto coas dos nenos e nenas de 3 e 5 anos. Este foi o resultado!

 

ANIVERSARIOS CATRO ANOS

En novembro cumplen anos Fátima e Sara, así que na aula de catro anos estes días celebramos o seu aniversario. Moitos parabéns para elas e esperamos que desfrutasen moito do seu día!

SEMANA DO PEÓN

A primeira semana de novembro, celebramos a Semana do Peón no cole, e adicamos as clases de psicomotricidade a aprender a xogar co Peón. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades, que ben o pasamos!

 Fixemos un concurso cos peóns.

Na aula de 4º de infantil, Martín trouxo un peón moi chulo! e bailouno moi ben

E gañou outro peón (tamén moi chulo)

Na aula de 5º de infantil, o que mellor soubo bailar o peón, foi Mateo e gañou este peón tan chulo!

Samaín e Magosto (5 anos)

Degustación de outono, en Samaín e no Magosto:

MAGOSTO (4 ANOS)

Polo magosto na aula de 4 anos, desfrutamos dunha rica merenda de castañas!

 

Ademais, fixemos uns cucuruchos de castañas (cos que traballamos o número 3).

 

 

E coas Castañas que nos trouxo a Castañera:

- Traballamos a recta númerica.

 

- As cantidades (colocando o número de castañas correspondente dependendo da cantidade que nos saía no dado e aprendendo a agardar a nosa quenda).

 

- As medidas (pesando castañas coa balanza).

 

- As formas xeométricas (formando as figuras que se indicaban nas tarxetas).

Xogamos co peón!. Aula de 3 anos.

Nesta primeira semana de novembro celebraremos no C.E.I.P Gándara-Sofán o Magosto e o día do Peón. Este é un ano diferente polos condicionamentos da pandemia, onde o Magosto se realizará en cada aula, sen contacto cos outros grupos, ao igual que os xogos co Peón. En 3 anos xa comezamos a familiarizarnos con este xoguete tradicional, e tivemos a sorte de poder ver un peón moi antigo que nos trouxo Martín!. Este peón é precioso e diferente!!.

 

Samaín, Baile e degustación. 3 anos.

Aquí vos deixo unhas images da celebración do Samaín na aula de 3 anos. Merenda especial con cabazas, pantasmas e baile!

ACTIVIDADES SAMAÍN (4 ANOS)

Polo Samaín seguindo o proxecto do corpo que estamos a realizar elaborarmos unhas pantasmas (coa silueta das nosas mans) no que indicamos as partes da cara (mans, ollos, boca).

 

Traballamos a grafomotricidade, utilizando como molde a silueta de diferentes pantasmas.

Xogamos ao xogo de Fantasmín, a nosa pantasma favorita, na PDI!

E construímos o castelo no que vive, con vasos (seguindo as indicacións das tarxetas), e tamén libremente coas pezas de construccións.

Traballamos a simetría recortando cun papel dobrado pola métade aos amigos de Fantasmín  (cabazas, mórcegos...).

DESFRUTANDO DO SAMAÍN (4 ANOS)

Na clase de catro anos, polo Samaín disfrazámonos e desfrutamos dunha merenda terrorífica (unhas pantasmas feitas con plátano e pepiñas de chocolate!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design