FILOSOFÍA IOGA

A ÁRBORE DE PATANJALI (II)

Pantajali segue agasallándonos coas súas visitas e deixándonos novas ensinanzas.

Na súa terceira visita estaba nas ramas (que fan referencia as asanas), e ensinounos a importancia de coidar o noso corpo a través do movemento. Polo que traballamos as asanas (posturas) a través do conto "O moucho e a bolboreta". Aquí vemos algúns nenos facendo a postura da mariposa debaixo da árbore de Pantajali.

 

Na cuarta visita apareceu nas follas da árbore (as cales fan referencia ao pranayama, a respiración) e grazas a ela aprendimos a importancia de relaxarnos mediante a respiración. Traballamos o pranayamos inspirando e expirando ao mesmo tempo que facíamos rodar unha boliña de platilina na imaxe de Pantajali (unha serpe) e faciamos o son da "S" de serpe /s/.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design