Recursos didácticos

NORMAS PARA LOITAR CONTRA O CORONAVIRUS

Aquí podedes ver algunhas fotiños coas que fixemos o noso dossier das "normas para loitar contra o coronavirus":

PRIMEIROS RECUNCHOS NA AULA DE 5 ANOS

No mes de setembro e outubro estivemos levando a cabo os primeiros recunchos do curso:

MESA SENSORIAL DO OUTONO

ASOCIACIAMOS O NÚMERO COA CANTIDADE

IMITAMOS A IMAXE COS PAUS DE CORES

APRENDEMOS A XOGAR AO DOMINÓ SÓS

BUSCAMOS AS LETRAS DO VOCABULARIO DE HIXIENE PERSOAL

Rutinas en pdi, 3 anos.

Este curso fixemos cambios nas rutinas diarias, incorporando máis soportes informáticos. A primeira hora da mañá facemos as rutinas na pdi, e aínda que as actividades son sinxelas os nenos/as mostran cada vez maior soltura no manexo da pdi.

 

 

Graduación de infantil do curso 2019/20 pendente de celbración por COVID

O curso pasado 2019/20 quedou pendente a celebración da graduación do alumnado que rematou educación infantil. A mellora nas condicións da pandemia permitiu, aínda que con algo de atraso, festexar no comezo deste curso dita graduación. Dende o C.E.I.P GÁNDARA-SOFÁN queremos felicitar a todo o alumnado graduado.

NORABOA A TODOS!.

Desexamos que a entrada en educación primaria sea estupenda e teñades un futuro próspero e cheo de cousas fermosas!!.

TODO VAI SAIR BEN!

 

Pintando o "Amencer" de Miró

O venres estreamos os pinceis creando o "Amencer" de Miró.

AS VOGAIS 3 ANOS.

Comezamos a identificar auditivamente as vogais, asociando son e imaxe e facendo os murais cos que traballaremos na aula.

ANIVERSARIOS CATRO ANOS

En setembro cumpren anos Emma e Antía. Moitos parabéns para elas!

 

 

SAÍDA AO PATIO EN 3 ANOS PARA OBSERVAR OS CAMBIOS DO OUTONO

O 22 DE SETEMBRO DEU COMEZO UNHA NOVA ESTACIÓN , O OUTONO. O VENTO COMEZA A SOPRAR UN POUCO MÁIS FRÍO E XA TEMOS QUE COMEZAR A POÑER ROUPA DE ABRIGO. AS FOLLIÑAS VAN CAMBIANDO DE COR , APARECEN TONS VERMELLOS, AMARELOS, MARRÓNS...OS FROITOS DO OUTONO SON A NOTA DELICIOSA DESTA ESTACIÓN... SOBRE TODO AS CASTAÑAS, QUE NOS ENCANTAN, E QUE TEMOS A GRAN SORTE DE PODER APAÑAR NO PATIO!

PEQUENAS ACTIVIDADES DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN . 3 ANOS.

COMEZAMOS UN NOVO CURSO 2020/21 UN POUCO DIFERENTE, PERO CON MOITA ILUSIÓN. POUCO A POUCO IMOS ADAPTÁNDONOS Á ESCOLA E COÑECENDO MELLOR AOS NOSOS COMPAÑEIROS. DURANTE O PERÍODO DE ADAPTACIÓN FOMOS INTRODUCINDO RUTINAS E HÁBITOS,  PERO TAMÉN REALIZANDO PEQUENAS ACTIVIDADES PARA FAMILIARIZARNOS COS COMPAÑEIROS, COA AULA E CO NOSO NOME.

VISITA DUNHA ABELLA

O venres a mestra Inés tróuxonos unha abella que atopou perdida polo colexio. Como este ano a aula de 5 anos somos a "aula das abellas" e estamos aprendendo moito sobre estes animais, deducimos que é un zángano. Seguiremos investigando.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design