ACTIVIDADES SAMAÍN (4 ANOS)

Polo Samaín seguindo o proxecto do corpo que estamos a realizar elaborarmos unhas pantasmas (coa silueta das nosas mans) no que indicamos as partes da cara (mans, ollos, boca).

 

Traballamos a grafomotricidade, utilizando como molde a silueta de diferentes pantasmas.

Xogamos ao xogo de Fantasmín, a nosa pantasma favorita, na PDI!

E construímos o castelo no que vive, con vasos (seguindo as indicacións das tarxetas), e tamén libremente coas pezas de construccións.

Traballamos a simetría recortando cun papel dobrado pola métade aos amigos de Fantasmín  (cabazas, mórcegos...).

 

E con Fantasmín e os seus amigos tamén traballamos as series (grande-pequeno...), empregando como material tapóns.

 

 


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design