Skip to Content

CABECEIRA

Celebracións

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2018

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2018

DÍA DA BIBLIOTECA/REFRANEANDO EN SOFÁN

Onte, 24 de outubro de 2018 celebramos o Día da Biblioteca no centro cun plan lector conxunto onde compartimos refráns típicos da nosa terra que o alumnado redactou e colgamos no noso taboleiro da lingua. Este foi o resultado:

 

 

 

 

SEMANA DA POESÍA

Celebramos o Día da Poesía cunha semana de lecturas de poemas de diferentes autores galegos e casteláns, tales como Alfredo Brañas, Gloria Fuertes, José de Espronceda, Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Roald Dahl, etc...

 

PAREADOS DE PAZ

DÍA DA PAZ 2018, PAREADOS DE PAZ

Para conmemorar esta data o alumnado creou pareados en torno á temática da Paz que logo lemos nun plan lector conxunto.

 

Musicando o Nadal

Velaquí as nosas fermosas árbores de Nadal con fragmentos das cancións que cantamos no Nadal

 

DEFUNTO DELICIOSO

Seguindo co proceso de creación de poemas, con motivo da celebración do Samaín creamos o noso Defunto Delicioso, un poema moi terrorífico creado por todo o alumnado do Gándara Sofán!!!

 

POEMANDO O OUTONO

Cando chegou o outono, a poesía non se esqueceu desta fermosa estación. Aquí vos deixamos creacións propias do alumnado e poemas de autores consagrados.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS COA ACTIVIDADE TITULADA:

A POESÍA É...

 

ESTA ÚLTIMA FOTO FAI REFERENCIA ÁS ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS DA NOSA BIBLIOTECA DO MES DE OUTUBRO.

 

ACTUACIÓN MAGO BENXAMÍN

O pasado venres 27 de outubro recibimos unha visita moi especial. Comezando coa celebración do Samaín no cole, a ANPA Raiante ofreceu aos nosos pequenos e pequenas unha actuación máxica: A do Mago Benxamín!

Pasámolo en grande cos seus marabillosos trucos. Gracias ANPA Raiante por ofrecernos esta gran actividade!!

 

Para ver esta e outras imaxes accede á nosa Galería de Imaxes

Samaín 2016

SAMAÍN 2016

O pasado 28 de outubro o cole de Sofán vestiuse de negro terrorífico para dar a benvida a unha das nosas festas máis divertidas e esperadas: O SAMAÍN!!!

Realizamos moitos xogos nos que as bruxas, arañas e cabazas eran as protagonistas. Pasámolo xenial!!

Ademais desfrutamos un ano máis do tradicional concurso de cabazas. Este curso as categorías participantes eran:

Distribuir contido


by Dr. Radut