Conmemoramos esta data tan importante no centro, recordando que a nosa poetisa máis importante xa ten estrela no firmamento. O noso alumnado aportou ideas en torno aos nomes que el@s lle porían á Estrela Rosalía. Estas son algunhas mostras:
O pasado mes de febreiro conmemoramos o Entroido no centro, adicado ao proxecto no que estamos inmersos, Emocionarte coas Artes. Deste xeito, convertemos o centro nun lugar cheo de artistas tales como Yayoi Kusama, Salvador Dalí, Frida Khalo, Pablo Picasso, Vincent Van Gogh, etc...
Con motivo da celebración do Día da Paz 2020, elaboramos unha exposición adicada ao Premio Nobel da Paz 2019, O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Amed Ali. Aprendemos tamén moitas cousas sobre este país e bailamos unha danza típica. Velaquí as imaxes:
Xa quedan menos horas para a celebración do noso Nadal Literario. Alba Mato, antiga alumna do centro, e autora do libro Adeus Chupete, fará a presentación do mesmo mañá, na biblioteca do centro, ás 13:00 horas. Ademais, contará o seu conto ó noso alumnado e comezaremos unha nova etapa de Radio Sofán, cunha entrevista radiofónica, que será realizada polo alumnado de 6º curso.
Recordade que podedes disfrutar mañá tamén da nosa Feira Do Libro. Estades tod@s invitados
Coma todos os anos conmemoramos o Día da Biblioteca Escolar o pasado 24 de outubro. Para celebralo, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, deleitáronnos cun poema de Rosalía de Castro, coa música de Rosalía (tra, tra), seguindo unha versión da cantautora MJ Pérez, titulada MALAXENTE.
Unha vez que pinchedes no enlace, poderedes ver o vídeo. Non o perdades, quedou estupendo (tra, tra)!!! E a participación do alumnado de infantil, acompañando e incluso animándose co estribillo está xenial!!!
Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, elaboramos unha exposición na que investigamos en torno á problemática do cambio climático no planeta.
Asimesmo investigamos sobre Greta Thunberg e outras rapazas que loitan por conseguir que se frene o ritmo tan acelerado de contaminación que a Terra está a sufrir.
Ademais do programa de radio que xa publicamos hai uns días, realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data, tales coma o traballo de investigación e exposición previamente mencionado e unha canción adicada ó clima: SING FOR THE CLIMATE.
Picando na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do obradoiro de regueifa que impartiu Lupe Blanco o pasado xoves. Que ben o pasamos e canto aprendemos! Moitas grazas pola visita!
Un ano máis celebramos o Día das Letras Galegas, recordando a figura de Antonio Fraguas. Asimesmo, contamos coa visita dunha das grandes regueifeiras de Bergantiños, Guadalupe Blanco, que axudou ao noso alumnado a crear as súas primeiras coplas populares galegas. Velaquí algunhas imaxes da actividade.
Nas vindeiras horas colgaremos os vídeos do obradoiro con Lupe Blanco, onde poderedes comprobar tanto o proceso de creación das regueifas do alumnado de Sofán, coma das diferentes improvisacións coas que Lupe nos sorprendeu. Ata tocaron muiñeira e rapearon regueifa!!! Non deixedes de velos.