Skip to Content

Eventos

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

2ª XORNADA DE CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Hoxe martes, levamos a cabo unha actividade moi interesante, divertida e creativa da man do Plan Proxecta, no que o noso centro está a participar dende hai varios anos. A actividade Educachef permitiu ao noso alumnado crear un prato moi especial relacionado cun personaxe típico desta festa: A Bruxa!!! O resultado foi delicioso:

DÍAS DE SAMAÍN & ALL HALLOWS´S EVEN

3 DÍAS DE FESTA DO SAMAÍN, HALLOWEEN

Comezamos a semana chea de actividades para conmemorar unha festa que ao noso alumnado lle encanta: O Samaín ou Halloween (véspera de Todos Os Santos).

Iniciamos as actividades cun plan lector conxunto onde visionamos unha curtametraxe de terror (titulada Os Paiasos Asasinos) e grabada polo antigo alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Posteriormente, varios alumnos do actual 6º curso leron as súas historias de medo a todos os nenos e nenas do centro. Velaquí tedes algunhas imaxes:

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO

PROXECTO BIBLIOPOEMANDO 2018/2019

Comezamos o noso segundo ano co proxecto BiblioPoemando adicado á Poesía. Con el pretendemos potenciar o interese por este xénero literario no noso alumnado. Levaremos a cabo múltiples actividades relacionadas coa temática da poesía, que iremos publicando ao longo do curso e poderedes consultar no blog da Biblioteca. Preparados??? Xa comezamos!!!

VISÍTANOS MARÍA CANOSA

LETRAS GALEGAS 2018:

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e despois de ler os libros de María Canosa titulados Muriel e A Cazadora de Estrelas, recibimos a visita da autora, que nos contou moitas cousas relacionadas coa súa paixón pola escritura e á que tamén lle fixemos unha entrevista. Ao remate da sesión firmou moitos libros!!!

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2018

Engadimos máis refráns do alumnado:

 

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2018

DÍA DA BIBLIOTECA 24 DE OUTUBRO 2018

DÍA DA BIBLIOTECA/REFRANEANDO EN SOFÁN

Onte, 24 de outubro de 2018 celebramos o Día da Biblioteca no centro cun plan lector conxunto onde compartimos refráns típicos da nosa terra que o alumnado redactou e colgamos no noso taboleiro da lingua. Este foi o resultado:

 

 

 

 

NOVO PRAZO PARA SOLICITUDE DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

NOVO PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

PARA ALUMNOS DE ENSINO PRIMARIO OU SECUNDARIO NO CURSO 2015-2016

 

Ven de publicarse a Orde do 06 de novembro (DOG 10 de novembro) que abre un novo prazo para aqueles pais/nais que non solicitaron as axudas para a adquisición de material escolar no curso 2015-16.

REQUISITOS:

- Ter unha renda per capita inferior a 5.400€

- O alumn@ esté matriculado no centro

- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.

 

Para obter maior información, consulte a Orde do 06 de novembro, premendo AQUI

DÍA NON LECTIVO

05/12/2013 10:00
05/12/2013 17:00

DÍA NON LECTIVO ESCOLLIDO POLOS CENTROS DE CARBALLO

Actuación MUSICREQUES

03/12/2013 11:00
03/12/2013 12:00

O día 3 de decembro disfrutaremos no colexio da estupenda actuación dos MUSICREQUES

Distribuir contido


by Dr. Radut