Skip to Content

CABECEIRA

ADXUDICACION POSTOS ESCOLARES NA COMISION DE ESCOLARIZACIÓN DE CARBALLO

Tras a Comisión de Escolarización de Carballo resultaron admitidos no Ceip Gándara Sofán de Carballo os alumnos que se relacionan no documento adxunto.

Dirección

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, elaboramos unha exposición na que investigamos en torno á problemática do cambio climático no planeta.

Asimesmo investigamos sobre Greta Thunberg e outras rapazas que loitan por conseguir que se frene o ritmo tan acelerado de contaminación que a Terra está a sufrir.

Ademais do programa de radio que xa publicamos hai uns días, realizamos diferentes actividades para conmemorar esta data, tales coma o traballo de investigación e exposición previamente mencionado e unha canción adicada ó clima: SING FOR THE CLIMATE.

Aquí tedes algunha das imaxes da exposición.

FORMALIZACION MATRICULA CURSO 2019/2020

Informamos que as datas de formalización de MATRÍCULA para os alumn@s de nova admisión o vindeiro curso 2019-2020 será entre o 20 e o 30 de XUÑO.
A documentación a achegar é a seguinte:

  • Descargar e cubrir el Anexo III
  • 2 fotos tipo carnet
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Fotocopia do libro de familia.
  • De ser o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

SAÍDA A DOMBATE EDUCACION INFANTIL

COMUNÍCASE AOS PAIS DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE A SAÍDA PROGRAMADA PARA O DÍA DE HOXE QUEDA APRAZADA ATA O MARTES 11 DE XUÑO DEBIDO Á

Alerta de nivel LARANXA

por refachos de vento durante o día 6 de xuño en Galicia

 

O Equipo Directivo

RADIO SOFÁN. PROGRAMA 12

Premendo aquí podedes ver o último programa da nosa radio para este curso, dedicado ao Día do Medio Ambiente. Esperamos que vos guste!

INFORMACIÓN MES DE XUÑO

Estimadas familias.

Informámolas que a partir do 3 de xuño non haberá actividades extraescolares nin servizo de biblioteca.

A dirección.

VISITA AO IES MONTE NEME

Estimadas familias.

O próximo martes 4 de xuño o IES Monte Neme organiza unha xornada de portas abertas para o novo alumnado e as súas familias. A visita comezará ás 10.15 e terá unha duración aproximada de 2 horas.

O alumnado de 6º de Primaria irá acompañado dos pais.

Equipo directivo.

DESCANSOS ACTIVOS

DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE, NO CEIP GÁNDARA SOFÁN, ESTAMOS A TRABALLAR NUN NOVO PROXECTO CHAMADO  DESCANSOS ACTIVOS, QUE CONSISTE EN REALIZAR UNHA COREOGRAFÍA NOS CAMBIOS DE CLASE PARA QUE OS ALUMNOS "ACTIVEN" CORPO E MENTE E ASIMESMO INTRODUZAN NAS SÚAS RUTINAS O EXERCICIO FÍSICO E A VIDA SAUDABLE. AS COREOGRAFÍAS SON REALIZADAS POLOS PROPIOS ALUMNOS E VAN CAMBIANDO.

ATA AQUÍ AS TRABALLADAS...

https://www.youtube.com/watch?v=s0WVgJbj_os&feature=youtu.be

https://www.youtube.com/watch?v=NPOrXOethi4&feature=youtu.be

Semana da froita na aula de música

Durante as dúas últimas semanas, merendamos froita fresca, dentro do Plan Proxecta "Aliméntate Ben". Como outros anos, os nosos pregoeiros foron formulando adiviñas e repartindo mazás, nectarinas, melocotóns, uvas ou plátanos.

Regueifando con Lupe Blanco

Picando na seguinte imaxe, poderedes ver un resumo do obradoiro de regueifa que impartiu Lupe Blanco o pasado xoves. Que ben o pasamos e canto aprendemos! Moitas grazas pola visita!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut