Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO NO CURSO 2019/2020

OS DOCUMENTOS ADXUNTOS CONTEÑEN AS LISTAXES PROVISIONALES DE ALUMNADO ADMITIDO AO CURSO 2019/2020

 

RADIO SOFÁN. PROGRAMA 6

 

Na nosa canle de YouTube, ou no seguinte enlace, podedes ver o programa 6 de Radio Sofán: "SAINT PATRICK´S DAY":

https://youtu.be/w3hbvYbp8QE

AGRADECEMENTO SAVE THE CHILDREN 2019

GRAZAS A TODOS E TODAS!!!!!!

DESFILE ENTROIDO

No noso canal de YouTube podedes ver os desfiles do entroido de todos os cursos, e tamén un pequeno recital de poesía que fixemos aproveitando a ocasión e a temática dos disfraces.

Podedes velos todos accedendo a: 

https://www.youtube.com/channel/UCktUZLy5QgubYkmxaB_k_aw/playlists

 

Esperamos que vos gusten!

 

 

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Un ano máis celebramos o Entroido no CEIP Gándara Sofán. Durante este curso escolar quixemos facer unha homenaxe a algún don grandes poetas da literatura, tanto galega coma mundial. Estivemos acompañando a Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, William Shakespeare, Frida Khalo, Virginia Wolf, etc...

Velaquí a mostra das excelentes caracterizacións do alumnado:

OS POETAS IDEAIS

OS POETAS IDEAIS

(poema escrito por Kevin Pallas, 5ºEP)

 

No día de Carnaval

vestidos de poetas haberá que chegar

cun sombreiro ou boina

na escola de Gándara Sofán.

 

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Como xa fomos publicando ao longo da semana, o Entroido deste ano está adicado, como non podía ser doutro xeito, á poesía.

Estamos desexando que chegue o día de mañá para ver ao noso alumnado representando a grandes poetas e escritores coma Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Virginia Wolf, etc...

Mentres chega ese momento, despedimos a xornada de hoxe cun futuro gran  poeta que quere compartir con todos nós o seu poema adicado ao Entroido. Noraboa e moitas grazas, Kevin!!!

ALIMENTOS SOLIDARIOS

Hoxe Cruz Vermella pasou a recoller os alimentos doados polas familias.

Moitas grazas a todos e todas!

ALIMENTOS SOLIDARIOS

MANDADIÑO XOVES

Cada poeta é especial,

cada un ten algo que aportar,

por iso xoves no noso peito

fermosas palabras imos colgar.

MANDADIÑO XOVES
Distribuir contido


by Dr. Radut