Skip to Content

PRAZO DE SOLICITUDE FONDO LIBROS, AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR: CURSO 2022/2023

Estimadas familias:

Publicouse onte no Diario Oficial de Galicia, a convocatoria no fondo solidario de libros de texto e   axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

As solicitudes cumplimentaranse mediante formulario, a disposición do centro educativo, ou mediante solicitude telemática, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo estará aberto desde hoxe e  ata o 22 de xuño de 2022.

               As solicitudes serán únicas, no caso de ser presenciais, para todos os fillos/as matriculados no mesmo centro educativo. En caso de facelo, de xeito telemático, será unha solicitude por cada fillo/a.

               Dispoñemos dos Anexos I e II no centro educativo; tamén, o tedes nos documentos adxuntos.

              

Deberán cubrirse os ANEXOS I e II, así como copia do Libro de Familia. En caso de separación ou divorcio, requerirase copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor.

 Terase en conta para ditas solicitudes a renda do ano 2020, así como os datos da unidade familiar con data do 31/12/2020.

As solicitudes para os niveis de 5º e 6º de EP só se tramitarán as de axuda para a adquisición do material escolar, xa que ao ser cursos E-DIXGAL, non contan con libros de texto.       

          O alumnado que curse a día de hoxe 6º nivel de EP e estea admitido no IES para o vindeiro curso, presentará solicitude no Centro de Educación Secundaria.

 

AdxuntoTamaño
anunciog0598-020522-0001_gl.pdf1.11 MB
anunciog0598-020522-0002_gl.pdf433.8 KB
ANEXO PARA CUBRIR.pdf2.4 MB


page | by Dr. Radut