Marzo 2020
CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2020
Con motivo da celebración do Día da Paz 2020, elaboramos unha exposición adicada ao Premio Nobel da Paz 2019, O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Amed Ali. Aprendemos tamén moitas cousas sobre este país e bailamos unha danza típica. Velaquí as imaxes:





ENTROIDO 2020
O pasado mes de febreiro conmemoramos o Entroido no centro, adicado ao proxecto no que estamos inmersos, Emocionarte coas Artes. Deste xeito, convertemos o centro nun lugar cheo de artistas tales como Yayoi Kusama, Salvador Dalí, Frida Khalo, Pablo Picasso, Vincent Van Gogh, etc...
Mirade aos nosos artistas!!!




24 DE FEBREIRO, ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO
Conmemoramos esta data tan importante no centro, recordando que a nosa poetisa máis importante xa ten estrela no firmamento. O noso alumnado aportou ideas en torno aos nomes que el@s lle porían á Estrela Rosalía. Estas son algunhas mostras:





ESTRELA ROSALÍA, MARATÓN DE LECTURA
Como xa puidestes comprobar no programa de radio adicado ao aniversario de Rosalía de Castro, celebramos un maratón de lectura dende Radio Sofán:


