Skip to Content

Febreiro 2019

Plan lector. Día da PAZ

Xa está dispoñible na nosa canle de youtube o vídeo do Plan Lector do Día da Paz, no que, ademais da voz, empregamos a linguaxe de signos. Moitas grazas a Ricardo pola colaboración. Podedes velo premendo neste enlace.

E neste outro podedes ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que interpretaron Imagine, de John Lennon

Día de Rosalía de Castro

O pasado 24 de febreiro conmemorouse o Día de Rosalía, e dende o CEIP Gándara-Sofán quixemos facerlle a nosa particular homenaxe interpretando a súa fermosa “Alborada”. Poderedes vela picando na imaxe:

 

ENTROIDO POÉTICO 2019

ENTROIDO POÉTICO 2019

Como xa fomos publicando ao longo da semana, o Entroido deste ano está adicado, como non podía ser doutro xeito, á poesía.

Estamos desexando que chegue o día de mañá para ver ao noso alumnado representando a grandes poetas e escritores coma Rosalía de Castro, Gustavo Adolfo Bécquer, Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Virginia Wolf, etc...

Mentres chega ese momento, despedimos a xornada de hoxe cun futuro gran  poeta que quere compartir con todos nós o seu poema adicado ao Entroido. Noraboa e moitas grazas, Kevin!!!

OS POETAS IDEAIS

OS POETAS IDEAIS

(poema escrito por Kevin Pallas, 5ºEP)

 

No día de Carnaval

vestidos de poetas haberá que chegar

cun sombreiro ou boina

na escola de Gándara Sofán.

 



by Dr. Radut