Skip to Content

CABECEIRA

Decembro 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezamos o mes de decembro cunha nova edición das mochilas viaxeiras!

Non esquezades escribir nos cadernos viaxeiros, que van no interior das mochilas, as vosas opinións, comentarios, etc... para logo compartir co resto da comunidade educativa!

A gozar da lectura!!!

CADERNOS VIAXEIROS

CADERNOS VIAXEIROS

Aquí tedes algunha mostra dos comentarios feitos polo alumnado nos seus cadernos viaxeiros durante o pasado ano escolar:

NADAL SENTIMENTAL

NADAL SENTIMENTAL NO CEIP GÁNDARA SOFÁN

Ola a todas e todos, o Nadal está aí ben pretiño e no cole levamos días traballando para decoralo ben bonito. Este ano o noso alumnado deixou escritos os seus desexos para o ano novo. Merece a pena lelos!!!

Aquí deixamos unha mostra:

TALLER DE POESÍA: NADAL

POEMAS DE NADAL

Adiantándose aos talleres de poesía que levaremos a cabo nos vindeiros meses no centro (dentro do proxecto de biblioteca BiblioPoemando), o alumnado de 5º de Educación Primaria quixo iniciarse na creación dos seus propios poemas con motivo destas datas festivas!

O resultado destas creacións é estupendo. Esperamos que desfrutedes léndoas tanto coma nós. Noraboa a todos polo enxeño creativo na redacción destes poemas!!!



by Dr. Radut