Educación Física EI

Educación Física EI

13º Semana COVID-19

Boas nenos/as!! Enviamos a tarefa da próxima semana, a última do curso. Esperemos que esta última sesión sexa do voso agrado e xa no vindeiro curso levalas a cabo como máis nos gusta, no cole. Un saúdo dos vosos mestres Bernardo e Quique.

12º Semana COVID-19

Boas nenos/as!! Achegámonos ao final deste curso. Coma nas semanas anteriores deixámosvos a rutina de EF desta semana. Esperamos que disfrutedes con ela. Un saúdo dos vosos mestres Bernardo e Quique.

11º Semana COVID-19

Boas nenos/as!!! Xa estamos en xuño e pouco a pouco acercándonos ao remate deste curso. Seguide así que o estades a facer moi ben. Un saúdo dos vosos mestres Bernardo e Quique.

10º Semana COVID-19

Boas nenos/as!! Deixámosvos por aquí a sesión de Educación Física desta semana. Aproveitade o bo tempo xa que algunhas das actividades plantexadas pódense levar a cabo ao aire libre. Esperamos que estedes ben. Un saúdo dos vosos mestres Bernardo e Quique.

9º Semana COVID-19

Boas nenos/as!! Esperemos que estedes todos/as ben e que levedes esta situación o mellor posible. Seguro que o estades a facer moi ben e a portarvos moito mellor. Botámosvos de menos. Seguide así campións e campionas. Un abrazo moi grande dos vosos mestres de EF Bernardo e Quique.

8º Semana COVID-19

Boas nenos/as!!! Outra semana máis vémonos por aquí. Esperamos que estedes ben e que aproveitedes a hora ao día para baixar a rúa. vamos vendo avances nesta complicada situación pero hai que seguir a cumprir as normas. Deixámosvos coma sempre a rutina de EF da semana, algúns dos xogos podedes realizalos na rúa. Un abrazo moi grande dos vosos mestres Bernardo e Quique.

7º Semana COVID-19

Boas!!! Enviámosvos como todas as semanas unha rutina de xogos e exercicios lúdicos para que fagades durante a semana. Aproveitade a hora do día que saídes da casa para correr, saltar, xirar... en definitiva moverse e cansarse. Coidádevos moito. Un saúdo dos vosos mestres Bernado e Quique.

6º Semana COVID-19

Boas nenos/as!! Volvemos a "vernos" outra semana máis por aquí. Esta semana xa é algo máis levadeira, xa que podedes saír á rúa durante unha horiña para pasear e facer algo de deporte. Vos deixamos por aquí coma nas semanas anteriores unha serie de xogos e actividades que podedes levar a cabo tanto na casa, como agora na rúa (cumprindo sempre as normas dictadas polo goberno). Esperamos que estedes todos/as ben. Un abrazo dos vosos mestres de EF Bernardo e Quique.

5º Semana COVID-19

Boas!! 5º semana de confinamento(6º se contamos o período vacacional da Semana Santa) e esperemos que para a semana que ven, xa nos deixen saír un ratiño á rúa, a respirar aire puro e a movernos máis libremente do que o podemos facer na nosa casa. Mentres tanto, para que a espera sexa menos espera, tedes aquí unha serie de actividades lúdicas para levar a cab no voso fogar. Un saúdo e un forte abrazo dos vosos mestres Bernardo e Quique.

4º Semana COVID-19

Boas!! Xa estamos outra vez aquí despois destas vacacións diferentes. Esperamos que vos gustaran as actividades propostas para a Semana Santa. Nesta 4º semana xa de confinamento lectivo propoñemos as seguintes actividades para que levedes a cabo durante estes días. Un saúdo e un forte abrazo dos vosos mestres Bernardo e Quique.

Distribuir contido
« Novembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Dinamización Lingua Galega

       Actividades
       Certame Literario
       Intercentros
       Teatro
       Contacontos
       Letras Galegas

         Biblioteca

       Mascota

       Fotos

       Contos

       Poesías     

        Últimas Adquisicións

        Convivencia

      Datas a destacar

      Coidado dos baños

        Mediadores

        Policias medio ambiente

        Educación Vial