Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

1º de Educación Primaria

1º de Educación Primaria

Vivan as uñas de cores

Todo o colexio está a realizar unha actividade relacionada cos estereotipos e para tratar de favorecer un clima de convivencia en todo o centro. O eixo vertebrador foi o conto Vivan as uñas de cores que nos permitiu observar como un neno foi víctima de burlas na escola precisamente por ser neno e levar as uñas pintadas. Como nós non estamos de acordo con estas burlas e despois de traballalo na aula decidimos facer unha xornada coas uñas pintadas de cores. 

 

Gracias a estes nenos e nenas polo seu bo corazón e as familias pola súa colaboración 

 

 

ENTROIDO 2022 1º B

Bo día familias!! 

 

Aquí deixo un enlace para ver un pequeno vídeo feito coas fotos do día de hoxe para festexar o entroido. 

https://www.youtube.com/watch?v=Jq0jydh0FW4

 

                     

IMPORTANTE LIBROS DE TEXTO

Estimadas familias: 

 

Ante a posible confusión sobre que libros mercar para o vindeiro curso 2020-2021 deixamos por aquí a información actualizada. Prestade atención á nosa lista de libros para evitar erros, na páxina principal da páxina web onde está publicada a lista temos que rectificar un erro nun isbn, así que mellor atendede ás nosas orientacións. 

     

 

Deixamos por aquí as portadas dos libros para que sirvan de orientación

Finalmente deixamos os ISBN escritos 

978-84-668-2624-2

978-84-680-5842-9

978-84-997-2776-9

978-84-682-5600-9

 

Moitas gracias e desculpade as molestias. 

 

As titoras de 1º de Educación Primaria

1º B tarefas

Proposta de actividades da semana do 15 ao 19  de xuño

Bo día, nenos e nenas, esta é a derradeira semana do curso. Propoñovos estas actividades dos libros, sei que son moitas  e xa estades moi cans@s a estas alturas do curso, pero anímovos a facer un último esforzo (para adiantar fichas dos libros que non tivemos ocasión de traballar durante a cuarentena). Ide facendoas a voso ritmo sen importar o tempo xa que podedes realizalas como actividades do verán. Felices Vacacións Supermerecidísimas!!! SorrisoSorrisoSorriso Bicos.

Matemáticas:

Libro Mate +:

Resolución de problemas (verde oscuro): Ficha 12 (páx. 23-24), Ficha 13 ( páx. 25-26).

Cálculo y operaciones (cor verde clara ): ficha 9 (páx. 17-18), Ficha 10 (páx. 19-20), Ficha 11( páx. 21-22), Ficha 12 (páx. 23-24).

Medidas (cor malva): Ficha 8 (páx. 15-16)

Lengua castellana

Libro Lengua +: Juegos de palabras (cor azul) Ficha 13 (páx. 15) Ficha 14 (páx. 16)

Lingua Galega:

Libro 1.2: Páx. 148, 149, 150, 151, 152, 153, 154, 155, 156-157 (recordade que o os nomes de xénero feminino levan diante os artigos a, as, unha e unhas exemplo: a mazá, as mazás, unha mazá e unhas mazás; e os masculinos levan diante o, os, un e uns exemplos: o lobos, os lobos, un lobo e uns lobos), 158- 159 (os antónimos son palabras que significan o contrario, o antónimo de frío é calor), 160 e 161.

Ciencias Naturais (proxecto dos animais) rematar as páx. da 39 á 42.

Envíovos un enlace cunha canción e un adxunto cunha carta de despedida.

https://www.youtube.com/watch?v=6cuUE4HrTPc

 

1ºB

Proposta de tarefas para a semana do 8 ao 12 de xuño.

Bo día nen@s, moito ánimo para esta semana , temos que facer un último esforzo porque xa non queda nada para as vacacións. SorrisoSorriso

Lengua Castellana

Libro de Lecturas

Lectura 10 (páx. 29 á 31), Lectura 11 (páx. 32 á 33) e Lectura 12 (páx. 34 á 37).

Lengua + : Juego de palabras (cor azul) Ficha 8 (páx. 9) Ficha 9 (páx. 10) Ficha 10 (páx. 11) Ficha 11 (páx. 12) e Ficha 12 (páx. 13 á 14)

Matemáticas

Numeración (cor laranxa claro): Ficha 28 (páx. 55-56)

Cálculo e operacións (cor verde claro): Ficha 8 (páx. 15-16)

Resolución de problemas (cor verde oscuro): Ficha 10 (páx. 19-20), Ficha 11 (páx. 21-22)

Medida (cor malva): Ficha 7 (páx. 13-14)

Lingua Galega

Libro 1.2: páxinas 136, 137, 138, 139, 144, 145, 148, 149, 150 e 151.

 

1º B Lengua castellana

Bo día, aquí os deixo as propostas de actividades desta semana. Moito ánimo a tod@s e feliz semana.

SorrisoSorrisoSorriso

PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE Xuño.

Do Libro de Lecturas: Lectura 6 (rematar a páx. 21), Lectura 7 (páx. 22-23) e Lectura 9 (páx. 26-27; na actividade 2 como non temos o audio para escoitar a lectura, inventade unha frase con cada animal e logo contades o número de palabras, recordade que ao final de cada frase ponse un punto).

Do Libro Lengua + (cor azul): facer Ficha 5 (páx. 5-6), Ficha 6 (páx. 6) e Ficha 7 (páx. 7-8).

 

1ºB Lingua galega

Proposta de actividades do libro de Lingua Galega 1.2 para a  semana do 1 ao 5 de xuño.

Facer as fichas e as lecturas da páxina 128 a 133.

1ºB matématicas

Proposta de actividades dolibro de Mate+  para a semana do 1 ao 5 de xuño.

Cálculo y operaciones (Cor verde clara): rematar ficha 6 (páx. 11-12) e facer ficha 7 ( páx. 13-14).

Numeración( cor laranxa clara): Facer ficha 26 ( páx. 51-52) e ficha 27 ( páx. 53-54).

Resolución de problemas ( cor verde oscura) : Facer ficha 9 ( páx. 17-18)

 

 

 

IMPORTANTE

IMPORTANTE

 

Estimadas familias:

 

 

O alumnado levou para a casa todos os libros que tiñan na escola. Mentres que non teñamos unha resposta clara de inspección, POR FAVOR, NON fagades os libros salvo as páxinas que indiquen as mestras.

De aquí a fin de curso, NON teredes que imprimir nada  pois imos facer algunhas das páxinas dos libros.

Tan pronto teñamos resposta e poidamos organizar o vindeiro curso, informarémosvos. Como dixemos, trataremos de buscar a mellor solución para todos, dadas as circunstancias.

 

Moitas gracias pola comprensión

 

Un saúdo

                                                           As mestras de 1º

1ºB

29 de maio de 2020

Carta ás familias.

Distribuir contido


by Dr. Radut