Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Información

VALORACIÓN DA RENTA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR (IPREM)

Información sobre o cálculo da renta per cápita da unidade familar( IPREM)

CRITERIOS DE DESEMPATE NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

INFORMACIÓN SOBRE OS CRITERIOS DE DESEMPATE NO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

DATOS PERSOAIS ALUMNADO

DATOS PERSOAIS ALUMNADO

INFORMACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

INFORMACIÓN IMPORTANTE ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN CURSO 22/23: INFORMACIÓN SOBRE PRAZO E DOCUMENTACIÓN

 

            ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022 - 2023

PRAZO DA SOLICITUDE DE ADMISIÓN: DO 1 AO 21 DE MARZO

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

• Anexo II(Código procedemento ED550B).

 • Orixinal e fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a.

• Se xa estivo escolarizado noutro centro escolar: Certificado de matrícula do centro de procedencia.

 

 INFORMACIÓN IMPORTANTE:

1.UNHA ÚNICA SOLICITUDE.

  •  A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia.
  •  O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido, será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia. 

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE EN CASO DE:

  •  Presentación da solicitude fóra de prazo.
  •  Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos
  • Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade. 

3.COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE.

  •  En caso de presentar unha solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. 

 

 

LISTAXE DE ADMITIDOS NO IES TERRA DE TRASANCOS

 PUBLICADA  A LISTAXE DE ADMITIDOS NO IES TERRA DE TRASANCOS PARA O CURSO 2022/2023

A lista de alumnos admitidos de 1º de ESO  están publicadas no tablón de anuncios do centro e na aplicación Admisión alumnos.

Todos os estudantes solicitantes foron admitidos.

Distribución de máscaras ao alumnado

Instruccións para o reparto de máscaras ao alumnado ( orde do 28 de outubro de 2021).

Dende Consellería nos din que no anexo I da solicitude, publicado no Diario Oficial de Galicia, omitiuse o campo relativo aos datos do alumnado para o que se solicita a axuda.

Tendo en conta o breve prazo de presentación de solicitudes, esta información pódese incluír na cabeceira da solicitude, tal e como se indica no anexo que se achega.

Un clic para o cole

Axudemos ao noso centro educativo! Visita a web http://bit.ly/unclicparaelcole e participa na iniciativa de Amazon para apoiar aos centros educativos de maneira gratuíta.       

Amazon doará unha porcentaxe das túas compras en forma de crédito virtual que o centro poderá usar para solicitar os produtos que necesita.

 

Busca "A Gándara" no buscador de centros (Rúa Colmeote s/n) e despois selecciona unha das etapas educativas:

 

A Gándara (para Educación Infantil)

A Gándara Primaria (para Educación Primaria)

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut