Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

Calendario escolar 23-24

Aquí tedes o calendario escolar de este ano, ademais das festas de ámbito estatal, temos como días non lectivos os seguintes:

- 23 de novembro día de Narón ( festivo local).

- 20 de maio solicitado como o día do centro pendente de aprobar polo consello e pola xefatura territorial.

- 7 de decembro día do ensino.

Actividades extraescolares ANPA A BUXAINA

Aberta a data de inscrición para as actividades extraescolares. Para cubrir o formulario premede no seguinte enlace:

https://bit.ly/469Mqj4

Ou escaneade o código QR (que se acompaña como imaxe)

Formulario de inscripción da actividade de Karate ANPA A BUXAINA

Aquí tedes o enlace para cubrir o formulario de Karate:

https://bit.ly/3t0gb7w

Anpa A Buxaina

ANPA A Buxaina

Xa tedes na web o formulario para facerse socia/o da ANPA para este curso.

No formulario xa tedes toda a información, pero é necesario mencionar que na última asemblea do curso pasado as socias decidimos aumentar a cota a 20€, logo dos moitos anos que estivo a 15.
Coma novidade este curso, so recoñeceremos coma socia/o á persoa que cubra o formulario e pague a cota. Si a parella, no caso de tela, quere tamén ser socio/a da ANPA, deberá cubrir a súa propia solicitude e pagar a cota correspondente.
Isto último é importante, porque na ANPA non podemos ter máis datos que os das socias/os e os seus fillos. Polo demáis, na práctica non cambiará case nada, non é obrigatorio que sexan socios da ANPA ambos adultos da familia, pero a efectos de participar nas asembleas, só poderá facelo a persoa que cubriu a solicitude e pagou a cota.

 
Un saúdo!

Menú primeiro trimestre

 

ALERXIAS DO CENTRO

 
Este ano volveremos actualizar as alerxias do centro para renovar se fose necesario os alimentos prohibidos para traer ao centro á hora das merendas. Polo que se solicita ás familias que se hai algunha alerxia nova ou algunha que xa desapareceu fágannolo chegar canto antes. Polo momento manteremos o do ano pasado ata novo aviso. Déixovos un adxunto tanto das alerxias e / ou recomendacións para infantil e primaria.

 

Formularios madrugadores

Tedes aquí o formulario para inscribirse en madrugadores. O formulario só se pode cubrir dende os ordenadores.

INFORMACIÓN INICIO DE COMEDOR

INICIO DE CURSO 23-24

Distribuir contido


by Dr. Radut