Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

INFORMACIÓN IMPORTANTE

Ante as diferentes preguntas que formulades, imos intentar aclaralas:

1.-A 2º avaliación, farase de acordo aos controis e traballos máis o traballo e actitude na aula, realizada polos alumn@s ata o 12 de marzo, non se terán en conta os traballos que mandamos durante o estado de alarma xa que son voluntarias e non avaliables, son de repaso do dado neste segundo trimestre.

2.- As notas as recibiredes ben por móbil se descargades a aplicación ABALAR MÓBIL ou ben se nos enviades o voso correo electrónico a cada titora, se enviará en PDF. Estarán o venres 3 de abril despois das 2 da tarde.

3.- As faltas están postas e xustificadas ata o 12 de marzo, despois desa data polo estado de alarma non se poñen.

4.-O comezo do 3º trimestre comezará o 14 de abril, ata entón non se poderá avanzar en contidos das diferentes materias, tal e como explicou inspección educativa.

5.- Co comezo do novo trimestre, estase a xestionar a formación telemática ben por plataforma educativa e por libros dixitais das editoriais seleccionadas para o segundo curso. Xa vos informaremos en canto esté operativa.

6.-Se tedes constancia de que algunha familia, non ten nin correo electrónico nin pode descargar a aplicación móbil, que se poña en contacto no teléfono do centro para poder buscar unha solución.

7.- Os cartos recollidos (5 euros) para a excursión que tiñamos prevista á Lonxa da Coruña, serán devoltos a cada familia á volta do curso escolar..

8.-As actividades propostas para esta semana, podedes ir secuenciándoas en función do horario que xa tiñan, non son para facer todas xuntas un só dia, e se algún día fan menos, o compensan outro día....dadas as circunstancias hai que ter comprensión co que están a vivir, e non por iso van quedar atrás ou perder o curso...a maioría dos contidos deste segundo curso, están dados....na programación xeral programada iamos un pouco adiantados e o máis importante xa está ensinado, así que tranquilidade...

9.-Todas as instrucións que vos transmitimos veñen dadas de inspección educativa....e se vos transmiten no menor tempo posible despois de estar informados nós.

10.-Non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico se tedes dúbidas, e non vos preocupedes polo que poñen outros cursos ou outros colexios, vos teremos informadas a todas as familias de 2º A e 2º B, con tempo dabondo para que ninguén quede atrás.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración..

 

                           Unha aperta grande...e moito ánimo!!

 



paxina_eq | by Dr. Radut