Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

EDUCACIÓN VIARIA

Versión para impresoraVersión PDF
 
 
 
 
 
Dende o Equipo de Educación viaria presentan novamente dúas propostas que veñen facendo dende hai varios anos atrás:
 
  • "Decora o teu patinete ou bicicleta de nadal", esta campaña comeza a partir do día 01/12/2023 ata o 20/12/2023 (ambos inclusive). Poderán participar todos aqueles escolares de Narón. Para participar con dereito a agasallo deberase enviar unha foto na entrada do colexio do nen@ en bici, patín ou correpasillos decorados de nadal, indicando no correo a seguridadevial@naron.gal o nome e apelidos do nen@, nome do centro escolar e curso, así como si é posible que o nen@ ten consentimento para saír en redes sociais (indicación expresa do pai/nai ou tutor/a do menor).
     
  • "A túa bici vella bici vale un sorriso", campaña que comeza o día 01/12/2023 ata o día 04/01/2024 (ambos inclusive). A entrega de bici ou patinete por doazón para outros nenos e nenas sen posibilidades poderase realizar no centro escolar (o centro de recursos solidarios se pora en contacto co centro para a recollida antes do día 21/12/2023) tamén podera entregarse no Concello de Narón - Educación Viaria en horario de maña de 08 a 14 horas ou no centro de recursos solidarios de Narón no Polígono da Gándara.
     

 



directivo | by Dr. Radut