Actividades

Novas do tempo de "Novembro"

  NOVAS DO TEMPO EN NOVEMBRO

 

 Durante os meses do curso escolar imos a realizar unha actividade de  recollida de novas do tempo dos xornais. Aproveitando que o alumnado de quinto e sexto está subscrito a un programa de prensa na escola. Todos os mércores, baixo o nome de “Mércores de prensa”, traballamos a estructura, seccións e novas do xornal A voz de Galicia. Deste xeito a partir da información que sacamos das novas, elaboramos o noso informativo “Orballando novas” e a súa vez traballamos unha serie de contidos específicos da meteoroloxía:

  •      Vocabulario

  •      Fenómenos meteorolóxicos

  •      Mapas e símbolos do tempo

  •      Explicación e consecuencias da meteoroloxía

 

 A dinámica consiste en seleccionar, por parellas de alumnos e alumnas, novas relacionadas co tempo. Buscamos as ideas principais, o vocabulario específico. Resumimos a nosa nova e facemos un telexornal onde explicamos a información traballada aos demais compañeiros e compañeiras. Para finalizar pegamos as novas no cartel da aula e nos cadernos de traballo. Como remate das novas do mes de Novembro eleximos unha palabra que identica a meteoroloxía do mes.

  Presentamos unha mostra do noso cartel:

 

As cores do outono

Os nenos e nenas de tres anos desfrutan do outono

OUTONO CHEGOU MARRÓN E AMARELO A INFANTIL

En educación infantil, coa chegada do outono, realizaron moitas actividades. Observaron as árbores do patio e as pintaron coas súas cores marróns e amarelas. Tamén recopilaron froitas, follas, piñas... adicando un recuncho do aula á estación  outonal. Noutras clases elaboraron contos e historias do outono. E teñen establecido como rutina diaria a observación do ceo. A partires desta observación  debuxaron o movemento do vento movendo as follas; as nubes grises que traen  choiva e aprenderon a debuxar as estrelas que representan  o frío.

 

                  Grazas nenos e nenas polo voso traballo!

 

Instrumentos meteorolóxicos

O alumnado de 5º está estudando no proxecto "Frianexpress" o clima e o tempo atmosférico, tamén achegouse a figura de Baltasar Merino prestixioso metereólogo, no mes da Ciencia; así que, con materiais de refugallo e moitísima imaxinación cronstruiron diferentes instrumentos meteorolóxicos: pluviómetros, viraventos, anemómetros...

Todos eles están expostos na entrada do colexio, e os podes ver no seguinte vídeo.

Powered by Drupal - Design by artinet