Actividades

Estreamos estación meteorolóxica

Rematamos o traballo da biblioteca, sobre Baltasar Merino e a meteoroloxía, coa actividade da visita a nosa estación meteorolóxica e o xogo das adiviñas.

 

Entre todos fomos descubrindo os aparellos da estación e a súa función. Observamos, medimos, descubrimos e aprendemos a utilizar e coidar as novas instalacións. 

 

 

 

Grazas rapaces e rapazas polo voso traballo e a seguir investigando sobre meteoroloxía!

 

Entre neve e choiva (4 anos A)

Os nenos e nenas de 4 anos A estiveron investigando as cores da choiva e da neve.

As súas ideas previas coincidían en que a auga da choiva era azul. Coa observación decatáronse pouco a pouco que as gotas de chovia non teñen cor. Como era moi díficil debuxar pingas de choiva sen cor, decidiron poñelas de azul moi clariño. Golgáronas do teito do seu recuncho da choiva. Coa cor da neve non houbo problemas, e ademais dixeron que parecía algodón. Aproveitando esta comparación simularon unha xistra confecionando móbiles.

Investigaron como se representa a neve e diseñaron unhas folerpas que colocaron nos corredores´.

Desfrutade con este traballo!

 

 

 

GRAZAS 4 ANOS A POLA VOSA APORTACIÓN, A SEGUIR INVESTIGANDO!!

gráficas do mes de xaneiro en 5º de primaria

Arrincamos o mes de xaneiro do 2018, en 5º de primaria, facendo un rexistro de máximas e mínimas temperaturas na localidade de Vigo.

Facemos coiencidir este traballo coa lectura e interpetración de gráficas que estamos a dar na materia de Matemáticas, xunto cos números enteiros. O traballo  realizámolo atendendo a prensa en papel, o diario "A Voz de Galicia" e a páxina de "Meteogalicia" donde aparecen os datos diarios das temperaturas por localidades.

Tomamos nota nun gran mural na clase e cada un de nós fixemos o traballo nos nosos propios cadernos.

A continuación mostramos o resultado:

Gráfica conxunta

Gráficas individuais

A nosa estación meteorolóxica

En novembro co gallo da celebración do mes da ciencia no cole e aproveitando que este ano o Día da Ciencia en Galego estivo adicado a Baltasar Merino.

Nós, investigamos a este científico galego e descubrimos que ademais de adicarse á botánica tamén foi un gran meteorólogo.

Imitando a Baltasar Merino, fixemos un traballo de botánica catalogando ás arbores que temos no cole. E por outra banda, coñecimos os aparellos meteorolóxicos que utilizou nas súas investigacións sobre o estudo da climatoloxía.

Como este curso estamos no programa de meteoescolas, instalamos a nosa propia estación meteorolóxica.

 

Ao longo desta semana, na hora de biblioteca, visitaremos a estación meteorolóxica para coñecer os aparellos de que consta. E imitando ao noso científico galego, Baltasar Merino, faremos medicións co pluviómetro, termómetro, viraventos e anemómetro.

Ánimo meteorólogos/as, a investigar!

Se queredes, podedes botarlle unha ollada  á seguinte ligazón, donde faciamos a proposta de traballo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/3241

 

 

Conto de outono: "Imos de Samaín"

As nenas e nenos de 5 anos traballaron o outono recreando o conto “Imos para o Samaín”:

Powered by Drupal - Design by artinet