Actividades

Rexistrando o tempo en infantil

REXISTRANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO CADA DÍA



  En infantil temos  unha rutina diaria que é a observación do tempo atmosférico. Despois  seleccionamos os pictogramas dos meteoros correspondentes e por último facemos o rexistro nas gráficas.

 

 

        Podedes ver unha mostra no seguinte vídeo:

 

Bo traballo!

Onde está o sol?

ONDE ESTÁ O SOL?



    Na aula de 5 anos estamos moi intrigados e intrigadas por saber onde está o sol, ás veces está enriba das mesas, outras non entra na clase. Por que se move o sol? Son moitas preguntas que nos crea a curiosidade por aprender.

 

   Decidimos marcar no chan o espazo onde entra o sol na clase, e anotamos o día e a hora. Fixemos un rexistro do movemento do sol na nosa clase.

     Démonos conta que varia coas estacións. Xa temos marcado na clase como estaba en verán e no outono. Fáltanos o inverno e a primavera.

 

 

 

 

 

      Seguimos coa nosa  investigación!

Facendo chuvia en 2º

FACENDO CHUVIA EN 2º

 O alumnado de 2º estivemos investigando os meteoros. Queríamos saber como se fai a chuvia. Para velo mellor fixemos un experimento e agora, aparte de entendelo xenial, podemos facer chuvia na clase todos os días.

 

 Chove en 2º!!

5 anos A adapta unha poesía de Rosalía de Castro

FALADOIRO 5 ANOS A

 

 

   O alumnado de 5 anos A iniciamos os faladoiros de Educación Infantil. Estamos traballando o inverno e fixemos unha adaptación dunha poesía de Rosalía de Castro sobre esta estación.

    

            Desfrutade do noso traballo:

Noraboa 5 anos A!

Traballando a "Meteoroloxía" en primeiro

O alumnado de primeiro traballamos a meteoroloxía acotío.

Diariamente observamos o ceo e debuxamos os meteoros no noso calendario mensual. Tamén levamos un rexistro de contabilidade dos días que en cada mes aparecen cada un dos meteoros. Paralelamente traballamos o refraneiro dos meses do ano.

Este inverno, con tantas borrascas, todos os días comentamos as novas do tempo. A partir destas novas traballamos distintos contidos nas diferentes áreas de aprendizaxe. En lingua castelá escribimos titulares e ilustramos novas do tempo de cada día. En galego aprendimos vocabulario sobre o significado dos meteoros.

Podemos establecer que o tempo é un contido xerador de moitas actividades na nosa práctica diaria.

No seguinte vídeo amosamos un exemplo dos nosos traballos:

Estupendo traballo rapaces e rapazas de Primeiro!!

Powered by Drupal - Design by artinet