Actividades

Rexistro meteorolóxico 1ºA

  REXISTRO METEOROLÓXICO 1º A

 

     En primeiro, todos os días observamos o ceo e rexistramos no calendario os debuxos dos meteoros. Ao rematar o mes contabilizamos cantos días houbo cada un dos meteoros establecidos no rexistro e pasamos estos datos a unha gráfica dos meses do ano. Nesta grafía temos tres códigos: días de choiva en azul, días de sol en vermello e temperatura en negro.

 

                     Desfrutade do noso traballo!

Alertas meteorolóxicas 1º A

   ALERTAS METEOROLÓXICAS

 

     En primeiro non entendiamos moi ben por que non podiamos saír ao patio cando é alerta laranxa, entón decidimos investigar que significa alerta meteorolóxica e que tipos de alerta hai. Este foi o resultado da investigación.

 

Desfrutade do noso traballo!

 

 

          

 GRAZAS NENOS E NENAS DE 1º A!

Iluminando o tempo

ILUMINANDO O TEMPO

 

    Estreamos rotulo luminoso para rexistrar os datos recollidos na estación meteorolóxica e así facemos públicos os nosos rexistros a toda a comunidade educativa. O rotulo recolle a data, temperatura máxima, temperatura mínima e precipitacións. O alumnado de quinto e sexto son os encargados de facelo rexistro.

O OUTONO CHEGOU A INFANTIL

 Un ano máis o outono chegou a infantil, investigamos e experimentamos coas cores, as froitas, os animais, e os produtos típicos desta estación do ano. Con todo o noso traballo fixemos unha exposición adicada ao outono. Traballamos cancións e festexamos a celebración do mes de novembro tan arraigada a nosa terra, o Magosto.

 

          Desfrutade das nosas producións!

 

 GRAZAS INFANTIL!

Experimentos e meteoroloxía 2019

Co gallo do mes da ciencia no noso cole, en novembro realizamos un percorrido científico. Cada aula realiza distintas experiencias e experimentos que os amosamos aos nosos compañeiros e compañeiras doutros cursos. Convertímonos en verdadeiros científicos e cientifícas. Recollemos dúas experiencias relacionadas coa meteoroloxía:

 

NUBE MÁXICA EN 4 ANOS 

 

      O alumnado de 4 anos fixemos un experimento para explicar a condensación do vapor da auga das nubes e así poder observar como aparece a choiva. Así explicamos esta experiencia:

 

GRAZAS  4 ANOS!

FACEMOS UNHA NUBE EN 2º

 

        O alumnado de 2º tamén conseguimos facer unha nube con auga dentro dunha botella e un bombín de aire. Desfrutade da nosa experimentación:

 

GRAZAS  2º!

Powered by Drupal - Design by artinet