Vivindo san no cole Frian

Desprazándonos sobre dúas rodas

O pasado mércores, 4 de abril, tivemos a sorte de contar con Jose, pai de Lucía de 5ºA.

Co gallo do P.D.I. anual "Vivindo san no cole Frian" o alumnado de 5º está a estudar a "Bicicleta" como medio de transporte saudable. Queremos informarnos de todas as posibilidades que nos ofrecen as bicis e tamén dos seus riscos. Buscamos ser ciclistas responsables e seguros para desfrutar deste estupendo vehículo.

Jose, explicounos moi polo miudo o mundo da bicicleta, para iso trouxo a súa bicicleta e a roupa que emprega para facer as súas rutas. Estivemos moi atentos. Aprendemos e desfrutamos moito.

Esperamos que Jose tamén desfrutara de estar connosco.

Moitísimas grazas, familia, polo voso tempo!

 

 

ARROZ CON LEITE

arroz 1

A alumna Elisa de 2ºA e a súa nai, prepararon un riquísimo arroz con leite  que degustamos na aula o pasado día 20.

arroz 2

 

arroz 3

Foi un xeito moi saubable de dar a benvida a Primavera

arroz 4

MUFFINS DE PLÁTANO SEN LACTOSA

DOCES   CASEIROS CO LEITE DO COLE   



  Para rematar o segundo trimestre, Meseret de 6ºA compartiu cos seus compañeiros/as un postre feito coa leite sen lactosa do cole.

 

 

 

 RECEITA DE MUFFINS DE PLÁTANO SEN LACTOSA



Ingredientes:


Cobertura:   40 g de azucre moreno, 15g de fariña, 1 chisco de canela moída, 15 g de manteiga fría en anacos.

Muffins:    250g de fariña de repostería, 1 culleriña de bicarbonato, 1 culleriña de lévedo, 3 plátanos maduros, 150g de azucre, 1 ovo, 125g de leite sen lactosa, 75g de manteiga a temperatura ambiente.

Preparación:

Cobertura



1.- Poñer no vaso os ingredientes da cobertura e trituralo durante 10 segundos. Despois retiralo e conservar na neveira.

Muffins:

1-Poñer nun bol a fariña, o sal, o bicarbonato e o lévedo e mesturar todo durante 10 segundos.Despois retiralo e reservar.

2-Noutro bol poñer os plátanos e o azucre e triturar durante 30 segundos.

3-Engadir o ovo, a leite e a manteiga e  3 triturar durante 15 segundos.

4-Incorporar a mestura de fariña reservada e bater durante 10 segundos. Mesturar ben e conservar durante 30 minutos na neveira.

5-Quentar o forno a 180º  e colocar as cápsulas baleiras.

6-Reencher coa masa as cápsulas de papel e poñer a cobertura distribuida enriba.

7.-Enfornar durante 15 minutos. Deixar enfriar e listo para comer.



                                                        BO PROVEITO!!

 

DOCES CASEIROS

leite

O leite é moi nutritivo por iso algunhas mamás do cole aproveitan a que pode sobrar para facernos algúns doces caseiros. Así que, a mamá de Johan e a mamá de Sergio de 2ºB, trouxéronnos un biscoito e leite frito.

leite frito 2º

 

Boísimo todo!!   Grazas mamás!

 


Powered by Drupal - Design by artinet