Vivindo san no cole Frian

Proposta de traballo en familia

Prezadas familias!

Unha ano  máis, desde o Equipo de Convivencia, propoñémosvos un traballo en familia para expoñer durante o Nadal no noso colexio. Este ano eleximos un Roscón de Reis de mago, dacordo co proxecto que estamos a desenvolver dende a nosa Biblioteca “Vivindo san no cole Frian”

Poñede a vosa imaxinación a traballar e converte este roscón nun adorno navideño moi, pero que moi saudable.

 

"Vivindo san no cole Frian"

 

 

      

 Podedes empregar calquera técnica e material para decoralo. Por exemplo:

papeis de cores
pinturas
algodon botones
algodón botóns
semillas
sementes lapis
papeis
témperas papeis de agasallo
teas pasta
teas pastas
xornal revistas
xornais revistas

Esperamos os vosos fantásticos traballos para adornar os corredores do colexio!

 

3º OBRADOIRO DE COCIÑA " BATIDO DE CHOCOLATE"

Os pequechos das clases de 4 anos como todos os venres , levaron a cabo o seu 3º obradoiro de cociña.

Nesta ocasión fixeron unha receita moi deliciosa " Batido de chocolate" e  saíulles riquísimo. Non vos perdades os pasos e os ingredentes da receita porque se o queredes repetir na casa. Que aproveite!!!

Imagen relacionada

SIII CHEF!!!

O alumnado de 4 anos A e 4 anos B , con motivo do proxecto deste ano " Vivindo san no cole Frián", os venres de cada semana levarán a cabo obradoiros de cociña con receitas riquísimas e moi apetecibles. Este venres comezamos coa elaboración de paté. Saiu riquísimo e moi san como nos gusta. Vaia chefs mais excelentes!!!

 

                                    

Guardar

Traballando a terra

Os alumnos de Educación Infantil dende os máis cativos ata os de 5 anos, plantamos sementes de verduras e hortalizas, traballando a terra e ilusionados por ver o que acontecerá. Cando se den os primeiros brotes os transplantaremos ao noso horto escolar.

 

 

  1.              Resultado de imagen de niño plantando            

       

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

SEXTO E QUINTO CON PEPE SOLLA EN “DALLE VALOR AO PEIXE"

pepe solla   

Con motivo do Proxecto Documental Integrado deste curso“Vivindo San no cole de Frian “, o alumnado de sexto saímos o mércores 4de outubro e quinto o xoves 19 de outubro  ao Mercado do Progreso para participar na actividade Showcookings científicos do CSIC“ Dalle valorao peixe ” con Pepe Solla, resultado da colaboración  do grupo

Vegalsa-Eroski e Familia mailo Concello de Vigo no programa COMErico VIVEsan, e realizada por Graciela, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, coa inestimable axuda do chef Pepe Solla que é propietario dun restaurante galego cunha Estrela Michelín.



  Visitamos postos de peixes. Ensináronnos a recoñecer o peixe frescoe a saber interpretar a información das etiquetas que acompañan ó peixe que está a venda. Tamén descubrimos todos os datos que aportan as etiquetas dos peixes conxelados e dos precociñados.



  Despois cociñamos con Pepe. Elaboramos“ Xurelo con salsa de maionesa e salsa de chumichurri ”.

  Puxémonos as súas ordenes e salgamos, mesturamos, rebozamos, batemos…e sobre todo degustamos a saborosa receita que preparamos.

      

Obxectivo  da actividade cumprido :

 

                  SÍ QUE LLE DEMOS VALOR AO PEIXE!

                  Grazas Pepe e OÍDO COCIÑA!!

 

 

 

 E ata saímos na prensa

Powered by Drupal - Design by artinet