Vivindo san no cole Frian

Traballando coa " Sopa verde"

Hoxe na clase das vitaminas limos un conto moi chulo para comezar o noso proxecto saudable: " Sopa verde" de Ángela Madeira.Gus tounos tanto que decidimos dramatizalo... Quedou mellor mesmo que o conto !

Frianciño participou tamén no noso xogo e botounos unha man.

Botade unha ollada!!!

BEBIDA ISOTÓNICA E ALMORZO SAUDABLE

En quinto e sexto estivemos traballando o proxecto “Masterchef Frian” sobre a nutrición .

Como tarefas finais do proxecto elaboramos unha bebida isotónica e degustamos dun almorzo saudable.

1.- Elaboramos unha bebida isotónica propia. Cada alumna e alumno inventou un nome para a súa bebida. Deseñou, coa ferramenta dixital canva, a etiqueta para o envasado tendo en conta as partes imprescindibles de toda etiqueta comercial.

E para finalizar prepararon un vídeo para publicitar o seu produto.

Pon unha bebida isotónica na túa vida:

Promocionando as nosas bebidas isotónicas:

2.- Deseñamos un almorzo saudable: o último día de curso almorzamos todos e todas xuntos/as no cole.

Foi unha experiencia moi gratificante, practicando hábitos saudables e compartindo cos compañeiros/as uns intres inesquecibles.

 

Degustación de marmelada de tomate do noso horto

       Durante o verán as familias coidaron do horto e fixeron a colleita dos produtos que plantamos no curso pasado. A mamá de Mateo de 4ºA foi unha das colaboradoras. Dos tomates recollidos elaborou  marmelada  e tamén recolectou as súas sementes. No cole decidimos facer unha degustación para que todos e todas puideramos probar a elaboración.

      As comisións saudables de alumnos e alumnas prepararon as bandexas coa marmelada. Montaron un stand de degustación na entrada do cole. E na saída ao recreo ofreceron as tostiñas de marmelada a todos e todas que querían probar.

       En cuestións de minutos xa estaban as bandexas baleiras porque a marmelada estaba moi boa. Moitos querían repetir. Moi rica e saudable!!

 

            

 

Grazas familias por colaborar no horto e grazas mamá de Mateo por elaborar a marmelada!

ANIVERSARIO SAUDABLE

parabens

A alimentación saudable no noso colexio é máis que evidente, xa que no curso de 4° A, Nicolás celebrou o seu aniversario, agasallando aos seus compañeiros e compañeiras bananas que estaban decoradas con moito « gusto ».

bananas aniversario
 
MOITAS GRAZAS NICOLÁS !!!

 

CLUB DOS SUPERSAUDABLES

                                         

  Lembrades que o primeiro día que subimos á biblioteca este curso, Frianciño propúxonos formar o Club dos Supersaudables no cole.  Repartiunos a cada clase un calendario de merendas saudables e para cada alumno e alumna o seu propio pasaporte saudable.

 

  Pasaron dous meses dende aquel día e seguro que o noso mouchiño  está moi contento porque este Club está funcionando xenial!

 

  A Comisión Saudable, formada por profes e os alumnos de sexto, encárgase cada mes de recoller os calendarios de merendas de todas as clases do cole. Calculan as porcentaxes dos alumnos e alumnas que traen todos os días merendas saudables, evitando deste xeito a bollería industrial. Unha vez cotexados os resultados, todas as clases que superan o 75% de merendas saudables ó mes teñen premio seguro.

 No mes de outubro comezou a funcionar a Comisión Saudable, pero aínda estaba a iniciarse nas súas funcións. Valoraron os resultados e o premio que concederon  foi dez minutos máis de recreo para as clases que conseguiron a cuota prevista.

  Neste mes de novembro foron perfeccionando o seu traballo e o premio que otorgaron foi extraordinario.

   No seguinte vídeo podedes descubrir como celebramos que o mes de novembro foi un mes supersaudable no cole Frian.

 

 

  

            GRAZAS PROFE ÁNGELA  POLA SESIÓN DE BAILE

E GRAZAS A TODOS E TODAS POR SER TAN  SUPERSAUDABLES!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet