MUFFINS DE PLÁTANO SEN LACTOSA

DOCES   CASEIROS CO LEITE DO COLE   



  Para rematar o segundo trimestre, Meseret de 6ºA compartiu cos seus compañeiros/as un postre feito coa leite sen lactosa do cole.

 

 

 

 RECEITA DE MUFFINS DE PLÁTANO SEN LACTOSA



Ingredientes:


Cobertura:   40 g de azucre moreno, 15g de fariña, 1 chisco de canela moída, 15 g de manteiga fría en anacos.

Muffins:    250g de fariña de repostería, 1 culleriña de bicarbonato, 1 culleriña de lévedo, 3 plátanos maduros, 150g de azucre, 1 ovo, 125g de leite sen lactosa, 75g de manteiga a temperatura ambiente.

Preparación:

Cobertura



1.- Poñer no vaso os ingredientes da cobertura e trituralo durante 10 segundos. Despois retiralo e conservar na neveira.

Muffins:

1-Poñer nun bol a fariña, o sal, o bicarbonato e o lévedo e mesturar todo durante 10 segundos.Despois retiralo e reservar.

2-Noutro bol poñer os plátanos e o azucre e triturar durante 30 segundos.

3-Engadir o ovo, a leite e a manteiga e  3 triturar durante 15 segundos.

4-Incorporar a mestura de fariña reservada e bater durante 10 segundos. Mesturar ben e conservar durante 30 minutos na neveira.

5-Quentar o forno a 180º  e colocar as cápsulas baleiras.

6-Reencher coa masa as cápsulas de papel e poñer a cobertura distribuida enriba.

7.-Enfornar durante 15 minutos. Deixar enfriar e listo para comer.



                                                        BO PROVEITO!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet