Desprazándonos sobre dúas rodas

O pasado mércores, 4 de abril, tivemos a sorte de contar con Jose, pai de Lucía de 5ºA.

Co gallo do P.D.I. anual "Vivindo san no cole Frian" o alumnado de 5º está a estudar a "Bicicleta" como medio de transporte saudable. Queremos informarnos de todas as posibilidades que nos ofrecen as bicis e tamén dos seus riscos. Buscamos ser ciclistas responsables e seguros para desfrutar deste estupendo vehículo.

Jose, explicounos moi polo miudo o mundo da bicicleta, para iso trouxo a súa bicicleta e a roupa que emprega para facer as súas rutas. Estivemos moi atentos. Aprendemos e desfrutamos moito.

Esperamos que Jose tamén desfrutara de estar connosco.

Moitísimas grazas, familia, polo voso tempo!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet