5 anos 17/18

Conto "A mazá que quería ser estrela"

Tere, a nai de Zoe, viu contarnos a historia da mazá que quería ser unha estrela e amosounos que os desexos se cumpren se poñemos da nosa parte e confiamos en nós, porque todas as persoas temos unha estrela no corazón, tan grande e brillante como nós queiramos!!!

Masaxe e tiros a canasta con pelotas de tenis

As pelotas de tenis nos serven para dar estupendas masaxes e relaxarnos. Comezamos facendo círculos polos nocellos e subimos ata as mans.

Ao rematar tivemos que recollelas e que mellor maneira que tirando a canasta?! 

 

Obradoiro igualdade de xénero

O 17 de novembro Elsa viu contarnos un conto sobre os conflitos que xurden das diferenzas entre nenos e nenas. Chegamos á conclusión de que as diferenzas son fermosas e coñecelas nos axuda a queremos máis. Despois do conto diferenciamos entre xoguetes para nenos e xoguetes para nenas e pensamos que o mellor é que cada persoa xogue co que máis lle gusta porque o importante non é o xoguete senón pasalo ben!!

Powered by Drupal - Design by artinet