5 anos 17/18

Marmelada de framboesa

Outra maneira de tomar froita é facendo marmelada. Non é tan saudable como comer a froita directamente do arbusto xa que leva azucre engadido, pero é unha boa maneira de variar o noso almorzo xa que a podemos untar en torradiñas de pan. Pódese facer de moitras froitas. Neste caso a froita escollida é a framboesa. Ten forma de mora, pero é vermella como os amorodos. E a súa sabor? Pois... nin mora, nin amorodo... Ten un sabor único... a framboesa!!!

Manualidade "A Galiña Azul" de Carlos Casares

A clase de 5º A viu festexar as Letras Galegas á nosa clase. Durante a semana nos contaron "A galiña azul" e o venres "A formiguiña esquiadora". Para rematar fixemos unha manualidade dunha galiña azul. Axudáronnos en todo e nos agasallaron cun ovo de chocolate!!! MOITAS GRAZAS POR VIR E NORABOA POR TODO O VOSO TRABALLO!!! DISFRUTÁMOLO MOITÍIIIIISIMOOO!!!

Guardar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Clara e a súa mascota "Pajaroto"

Clara trouxo a súa mascota Pajaroto, un paxaro diamante. É orixinario de Australia. Tanto lle gusta voar ceibe que foi escoitar "Australia" e piou! E iso que estivo caladiño case todo o tempo!!! Canta cando lle da o Sol e está caladiño na noite. Vanesa e Clara nos ensinaron como se alimenta, como se baña e como se limpa a gaiola.

 

MOITAS GRAZAS POR VIR!!!

 

Obradoiro de prantas medicinais

Javi viu de novo a amosarnos esta vez a importancia que teñen as prantas para a nosa vida. Ademais de darnos o oxíxeno nos poden servir para sanarnos cando estamos doentes: o sauco é bo para curar os fríos, a menta piperita quita as dores e ademais axuda a facer unha boa dixestión... e moitas prantas máis que quitan case todos os males!

Trouxo saquiños de infusións ao que lle metimos: regaliz, menta poleo, menta negra, herba Luisa, camomila, tila, e sementes de herba doce.

Tamén prantamos tomateiras en maceteiros e ata vimos como fai a pranta carnívora para se alimentar.

Grazas por vir!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet