5 anos 17/18

Amorodos con nata

En 5 anos B elaboramos amorodos con nata para merendar.

Puxémoslle cariño e amor e saiu unha merenda moi rica!


Facemos macedonia

A clase de 5 anos B elaboramos unha saudable merenda con froitos diferentes: bananas, amorodos, mazás e mandarinas. 

Aprendimos que a comida saudable tamén pode ser moi moi sabrosa, e que canto máis diferenzas, máis riqueza.

A nosa clase é moi rica porque a formamos persoas de diferentes culturas, pero á vez somos iguais porque pertencemos a un mesmo equipo.

 



Obradoiro de galletas caseiras

Javi e Raquel prepararon un obradoiro para aprender a cociñar unhas sabrosas galletas. Primeiro saboreamos e cheiramos xenxibre, panela e fariña de castañas. Logo fixemos a masa: fariña, auga, ovos, manteiga, xenxibre, canela, azucre e unha chisca de sal. A deixamos reposar, lle dimos formas diferentes e ao forno. Unha vez listas as comimos e como sorpresa nos entregaron un diploma!!!

Foi xenial! Todos e todas podemos cociñar!!!

Grazas por este obradoiro!!!



Somos da policía científica

Despois do roubo ao noso cole, Vane, a nai de Clara, ofreceuse a ensinarnos o procedemento a seguir pola policía científica para atrapar aos ladróns. Finximos un roubo na clase, e analizamos as pegadas datilares de todos e todas. Logo fomos descartando persoas en base a unhas pistas. Resultou que a ladrona na nosa clase fora a profe Ángela!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet