5 anos 17/18

Excursión a Baiona

Nesta viaxe a Baiona, dentro do programa O Sabor da Aventura está no Mar, Gustavo ensinounos moitas cousas :

*Que a matrícula dunha embarcación se chama "folio"

*Cando o folio comeza por 3 é unha embarcación de pesca, e se empeza por 7 é unha embarcación de recreo.

*Aprendimos moitas palabras relacionadas co mar: nao, nasa, rede, cama, bolla, áncora, proa, popa, timón...

*Na lonxa vimos percebes e xogamos a subastar peixe!

*Probamos ourizo, estaba rico e sabía a mar.

*Vimos un cormorán pescando muxos e aprendimos nomes de peixes como rodaballo, lirio, pescada, sardiña, raia, bacallao...

*Finalmente fomos ao mercado e merendamos albóndigas de pescada e estrelas de atún. Despois nos agasallaron con gorras e con pegatinas dos diferentes peixes.

 

REALMENTE FOI UNHA BOA AVENTURA!!!



María, Julia, Víctor e a luz negra

María, a nai de Julia de cinco anos e Víctor de tres, viu ao cole para amosarnos a luz negra e os seus efectos. Ademais contáronnos a historia "A que sabe a Lúa?" e cantamos unha canción moi fermosa. Finalmente entre todos debuxamos o que máis nos gustou da historia. Foi moi chuli estar tantas persoas xuntas facendo a mesma actividade!!!

MOITAS GRAZAS!!!

Obradoiro de experimentos científicos

A científica Vanesa viu de volta a facernos máis experimentos científicos. Nesta vez, vimos reaccións químicas de xuntar vinagre con bicarbonato, de mesturar líquidos de diferentes cores, e o espazo que ocupa o aire!!!

GRAZAS DE NOVO!!!

Merenda con leite de avea

Raquel trouxo rosca para compartir feita na súa casa. Que mellor maneira que acompañala con leite de avea temperada!!! Algúns aproveitamos para mollar os nosos bocadillos, galletas, fuet de salchichón, e demais merendas... 

Obradoiro de Arno Stern, o circo e nós

Ás nenas e aos nenos de 5 anos gústanos ver os animais vivindo en liberdade. Así que decidimos representar ao "Circo do Sol" xa que non utilizan animais. Como aprendemos sobre todo mediante os nosos sentidos, mergullámonos no circo mediante as técnicas do artista Arno Stern e así utilizamos o tacto e a vista. A música do espectáculo "Alegría" fíxonos gozar co oído. As emocións que sentimos foron ledicia, pracer de crear, sorpresa e satisfacción polo resultado. Aprendemos que as actividades en grupo teñen algo especial. Non sería posible sen a colaboración de todas e cada unha das persoas que participaron. Grazas Rosa e Tere pola vosa axuda!

Powered by Drupal - Design by artinet