Obradoiros

Obradoiro de Igualdade 2º de primaria

"O alumnado de 2° Primaria participou no obradoiro de Igualdade do Concello de Vigo. Nesta ocasión, coñeceron o papel de varias mulleres españolas no deporte internacional." 

Obradoiro de 5º coa Policía local

OBRADOIRO EDUCACIÓN VIARIA 5º



       No mes de xaneiro tivemos en 5º un obradoiro de Educación viaria, impartido pola Policía Local. Seguridade dos peóns, gráficas e estadística de atropelos na nosa cidade e as normas de seguridade viaria na rúa foron os temas que traballamos.

 

                           Grazas Policía Local!

AMBIENTADOR NATURAL

 

O alumnado de 1º A e 1ªB fixemos un obradoiro de “ambientadores naturais” para arrecender nas nosas aulas.

Para facelos empregamos:

laranxas

rotuladores

punzóns

cravos de olor

Cos rotuladores fixemos debuxos sobre a pel das laranxas, logo fixemos pequenos buratos cos punzóns, e para finalizar, metimos os cravos de olor nos buratos.

As laranxas quedaron xenial e, sobre todo, temos un bo arrecendo nas nosas aulas.

Aquí amosámosvos o proceso con algunhas fotos.

 

SABOREANDO POMELOS

pomelos

As alumnas e alumnos de 1º A e B tivemos a oportunidade de probar os pomelos, algún de nós por primeira vez.

Foi unha bonita experiencia: observamos a súa cor, ulimos, e probamos o seu zume.

Ademáis de aprender que alimenta moito e que é moi saudable, compartimos un bo momento os dous grupos xuntos.

 

Powered by Drupal - Design by artinet