Obradoiros

BATIDO DE AMORODOS



  Aproveitando esta semana de reparto de froita fresca e leite no colexio, en quinto decidimos facer un batido.

Eleximos de froita o amorodo  e traballamos contidos de matemáticas, ciencias naturais e de lingua. Medimos, pesamos, fixemos equivalencias de medidas de masa e capacidade e investigamos as caraterísticas desta froita.

  Á hora da elaboración do batido, aproveitamos para repasar as mesturas e os cambios físicos e químicos da materia.

   No seguinte vídeo podedes desfrutar do resultado do noso traballo:

 

 

O batido estaba riquísimo!

O ESPANTALLO

Construimos un espantallo para o bancal de 2ºP usando material de refugallo.

RECICLANDO CON DINOSETO

O día 2 de abril as alumnas e alumnos de primeiro A e B participamos nun obradorio de reciclaxe con Dinoseto e Dinosetiño. Aprendemos a separar e como reutilizar o material de refugallo. Fixímolo todo moi ben por iso, ademais recibimos un agasallo dentro dunha bolsa reutilizable. Pasamos un rato moi divertido.

 

MULLERES CIENTÍFICAS 2º Primaria

O alumnado de 2º P participou nun obradoiro de ciencia impartido pola nai dunha compañeira deste nivel. Agradecemos a súa colaboración, tan importante para visibilizar a presenza das mulleres en todo tipo de profesións.

 

Avións de papel, animación á lectura

O venres 15 de febreiro tivemos a visita de Xavier Estévez autor de "Avións de Papel". Pasamos un rato moi interesente e agradable. Xavier conseguiu arrincarnos moitos sorrisos contádonos diferentes anécdotas da súa vida, tanto privada como relacionada coa súa faceta de escritor. 

O libro gustounos moito, descubrimos unha morea de murais que hai en Vigo que descoñeciamos. Tampocou sabiamos que os pintaran artistas moi importantes e coñecidos mundialmente, todo un descubremento. Ensinounos algún mural que máis cunha pintura parecen fotografías.

Aproveitamos para facer paiporeflexia e facer voar avións de papel, "Que ben o pasamos e como voaban!".

Tamén realizamos un traballo manual, un corazón que defiañaba avións de papel, así quedou:

Estamos esperando a segunda parte de "Avións de papel".

 

Moitas grazas por contarnos cousas tan interesantes e cercanas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet