O mércores, 18 de Maio, o alumnado de 2º A tivo o segundo “Obradoiro Camiña con nós pola Igualdade”, lemos o conto de Maruxa, e cantamos as cancións do conto, que nos ensinaron que debemos colaborar nas tarefas da casa, para que toda a familia se sinta mellor; rematamos o obradoiro cun xogo interactivo, onde cada alumn@ explicoulle aos compañerir@s, cómo podían colaborar coa familia nas distintas dependencias da casa.
Obradoiros
Obradoiro de reciclaxe
O alumnado de 2º, 3º e 4º tivemos un obradoiro de reciclaxe no Centro
Viñeron cunha canción e unha monitora explicounos todo. Aprendemos moito e pasámolo moi ben. E tivemos moitos agasallos. Encantounos a camiseta e mais a taza do dinoseto.
Obradoiro de xogos matemáticos en 5º
Comeza o alumnado de 5º co "obradoiro de xogos matemáticos" organizado polo alumnado de 6º
Como dixemos nun post anterior (enlace), o alumnado de 6º de primaria, estivo a preparar durante este trimestre distintos xogos para mostrarllelos ós seus compañeiros/as. O martes 1 de marzo, o alumno de 5º de primaria, durante o tempo de recreo, foi citado no salón de actos para xogar a: o cubo soma, o tangram chiñés, os cubos diabólicos, as torres de hanoi e o pentaminó. Tamén aproveitaron para facer unha demostración das Cúpulas de Leonardo.
Nas seguinte imaxes podedes ver algúns momentos do obradoiro:
Facendo cúpulas.
Moi vencellado ó PDI deste ano: "Entre liñas anda o xogo", participamos nunha actividade ofertada pola Fundación Rosalía de Castro e a Fundación Barrié da Maza e co asesoramento de AGAPEMA, como vén sendo habitual os últimos cursos.
Este ano como proposta de traballo cooperativo imos realizar as cúpulas de Leonardo, capitaneados pola mestra Conchi. Bo xeito de aprender matemáticas traballando en equipo!
Na seguintes imaxes podedes ver ó alumnado de 6º de primaria totalmente volcado na construción das mesmas, imitando ó xenio Leonardo.
XOGOS MATEMÁTICOS
A carón do noso PDI: "Entre liñas anda o xogo", capitaneados pola mestra Conchi e con apoio do Equipo TIC, o alumnado de 6º de primaria, realizou unha tarefa moi completa, coa metodoloxía de traballo cooperativo.
1. Investigaron sobre distintos xogos: Torres de Hanoi, pentaminó, cubos diabólicos, cubo soma e tangram chinés.
2. Aprenderon a xogar.
3. Prepararon en grupos a explicación de distintos xogos.
4. Realizaron vídeo titoriais.
5. Asinaron a cada vídeo titorial un código QR
Como remate desta tarefa o alumnado preparará unha sesións co alumnado doutros niveis para que podan aprender a xogar. Facilitárdolle un código QR onde poderán ver as explicacións do xogo para poder intentalo.
OS CUBOS DIABÓLICOS
Vídeo titorial realizado por: Noah, Cristian, Aine, Nayara e Daniel.
O CUBO SOMA
Vídeo titorial realizado por: Lucía, Eva y Sheila.
O PENTAMINÓ
Vídeo titorial realizado por: Mathías, Bruno y Diego.
O TANGRAM CHINO
Vídeo titorial realizado por: Fabiola, Miguel y Elisa.
AS TORRES DE HANOI
Vídeo titorial realizado por: Nahum, Brais e Noel.
Creamos os códigos QR que axudarán ó alumnado doutros niveis a ter acceso ós video titoriais no momento de xogar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »