Moi interesante foi o que nos contou, Juan de Impórtanos, sobre as ONG, o engano visual dos mapas, o traballo en equipo...
Moi preto do Día da Paz, axudounos a pensar que as cousas poden verse, pensarse e facerse de maneiras diferentes. O mapa de Peters (menos empregado) creado en 1974 achéganos de mellor xeito a realidade xeográfica dos Continentes.
Durante dúas horas estivemos vendo distintos tipos de mapas xeográficos, políticos, demográficos e analizando os problemas de países de África, Asia...
Propúxonos facer unha torre, o máis alta posible, autosostible e en silencio...credes que fomos capaces?