Educación Relixiosa

VISITA DO MISIONEIRO JOSÉ RUBIO

            Con motivo da campaña contra a fame no mundo que cada ano organiza a ONG Manos Unidas, tivemos o privilexio de que José Rubio, un misioneiro comboniano, visitase o noso colexio.

              Durante esta visita, o P. José contou, aos alumnos/as de 5º e 6º curso de primaria de Relixión Católica e Evanxélica, a súa experiencia como misioneiro no Congo ao longo de 38 años, traballando polo desenvolvemento dese pobo construindo escolas, dispensarios, pozos, facendo cooperativas, dando asistencia a orfos, nenos da rúa, etc.

            Unha experiencia que nos axuda a decatarnos do afortunados que somos, a apreciar e valorar todo o que temos fronte aqueles que nos teñen case de nada, nin algo tan básico como a auga e a comida.

             Por todo isto, é importante recordar o lema desta campaña de Manos Unidas: “O mundo non precisa máis comida, precisa máis xente comprometida”.

 

M E R C A D O S E M E N T E

O traballo das 5 cooperativas que se crearon no cole este curso chega ó fin.

O próximo sábado, 26 de Maio, de 11'00 h., a 13'30 h. terá lugar a venda dos produtos elaborados polas mesmas.

Vinde connosco á festa das cooperativas. Esperámosvos.

 

PUBLICIDADE COOPERATIVAS

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA E EVANXÉLICA DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Estimadas Familias:

As profesoras de Relixión (Católica e Evanxélica) poñémonos en contacto con vostedes para informarvos do seguinte:

A ONU declarou o ano 2012 como o Ano Internacional das Cooperativas baixo o lema "As empresas cooperativas constrúen un mundo mellor". Ante isto, e coñecedoras de que no Concello da Coruña se está a levar a cabo dende hai uns anos o "Programa Semente" (Programa educativo de difusión da cultura emprendedora onde o alumnado de Educación Primaria e Educación Especial crea a súa propia empresa baixo a fórmula de cooperativa, cooperativa escolar), pareceunos interesante participar no  programa cos nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria.

Co fin de informarvos do programa na súa totalidade convocámosvos a unha reunión.

Día: Luns, 16 de Xaneiro de 2012.

Hora: 16'30 h.

Lugar: Biblioteca do Colexio.

Un saúdo.

 

Día mundial de la paz

 

EL  TREINTA DE ENERO CELEBRAREMOS EL DIA MUNDIAL DE LA PAZ

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRAZAS POR TANTA XENEROSIDADE

A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: GRAZAS POR TANTA XENEROSIDADE


A operación QUILO-LITRO a favor da Institución Benéfico Social "Padre Rubinos" chegou á súa fin o Luns 19 de Decembro.


O resultado desta é o seguinte:
66 Kg de Lentejas
85 Kg de Pasta
72 Kg de Arroz
26'5 Kg de Garavanzos
26 Kg de Habas
37 litros de Aceite e 15 litros de Vinagre
16 litros de zume
14 paquetes de sal
12 botes de pementos
18 paquetes de café
15 Kg de Harina
18 paquetes de galletas
32 produtos do Nadal
85 latas de conservas
18 Kg de colacao
63 litros de Xel de ducha
24 desodorizantes
23 botes de escuma de afeitar
15 paquetes de máquinas de afeitar
36 xabóns de toucador
26 tubos de pasta de dentes
87 cepillos de dentes
35 pares de calcetíns
24 produtos varios (neceser, crema de mans, colonia, pinta uñas...)

OPERACIÓN QUILO-LITRO A BENEFICIO DE "PADRE RUBINOS"

Chega o Nadal. Nestas datas tan significativas e entrañables non debemos ser alleos ao sufrimento dos nosos semellantes.

O alumnado de 6º de Primaria que cursa Educación Relixiosa, xunto ás súas mestras, despois de visitar o albergue de transeúntes "Padre Rubinos", decidiron poñer o seu gran de area neste gran labor humanitario organizando unha campaña de recollida de alimentos no perecedoiros (aceite, pasta, legumes, conservas...) e útiles de aseo (xampús, cepillos de dentes, xel de baño...).

É por iso que vos invitamos, a todos e a todas, a colaborar na axuda a esta Institución.

Dende o luns día 5 ata o venres 16 de Decembro estará exposta, na entrada do colexio de Primaria, unha mesa onde poderedes ir deixando as vosas doazóns.

En nome dos que nada teñen, agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Bo Nadal.

Distribuir contido